“Espero moito deste club, porque foi o que me fixo debutar en Segunda B”

11 de Xaneiro de 2017
  • Lorenzo Riveiro mostrouse encantado da oportunidade que se lle presenta.

De esq. a der.: Gonzalo, xerente de 442 Botas; Lorenzo Riveiro e Manu Castiñeiras.
De esq. a der.: Gonzalo, xerente de 442 Botas; Lorenzo Riveiro e Manu Castiñeiras.

Santiago de Compostela, a 11 de Xaneiro de 2017.

A novo meta do Compos xa está aquí. Lorenzo Riveiro Oliveira presentouse hoxe ante os medios, nun acto realizado na tenda de 442 Botas, en Área Central. Acompañado polo director deportivo do equipo, Manuel Castiñeiras, o porteiro padronés mostrouse moi feliz da oportunidade que se lle presentou. “Non estaba a contar con moitos minutos no Alondras e ademais este club quédame á beira de casa, así que non mo pensei”, dixo.

Ademais, Lorenzo gárdalle un agarimo especial ao Compostela, xa que “foi o equipo que me deu a oportunidade de debutar en Segunda B”. Desde esa etapa, “as cousas cambiaron moito”, aínda que puntualiza que “hai moitos coñecidos: o adestrador, o corpo técnico e máis da metade dos xogadores”.

Un deses vellos coñecidos é o seu rival na posición, Lucas, co que garda unha boa relación. “Cando estaba aquí, Lucas era xuvenil. Teño unha relación moi boa, paréceme un gran porteiro, xa daquelas víanselle maneiras, pero é que agora está máis alto, máis forte e véselle moito máis veterano”, explica.

Do resto de compañeiros, cos cales compartirá vestiario polo menos ata final de campaña, xa que asina por medio ano, considera que “é un grupo cun gran ambiente”. Todos eles forman parte “dun proxecto a longo prazo e creo que están a facer unha boa campaña, cun gran xogo combinativo”.

En canto ás negociacións, o padronés explicou que todo empezou con Pablo, o adestrador de porteiros: “El foi o que contactou comigo, o que me preguntou como estaba a miña situación no Alondras”. Despois, debido “a que non estaba a participar moito, Casti chamou ao presidente e pechouse a operación”. Dela, quixo agradecer por unha banda “o interese do Compos” e polo outro “as facilidades dadas polo presidente do Alondras para que se pechase todo”.

Adestrando desde o luns co grupo, a Lorenzo non lle chega a hora de redebutar coa Sociedade Deportiva Compostela.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.