David Uña, o defensa desexado

17 de Xaneiro de 2017
David Uña, xogando co Atlético Astorga. Foto: La Nueva Crónica.
David Uña, xogando co Atlético Astorga. Foto: La Nueva Crónica.

Santiago de Compostela, a 17 de Xaneiro de 2017.

A Sociedade Deportiva Compostela xa ten o defensa que tanto desexaba Yago Iglesias. David Uña Pablo (Madrid, 25/01/1192), central de 24 anos que chega libre tras o seu breve paso polo Orihuela CF, é novo xogador do Compos, despois de que ambas as partes chegasen a un acordo para asinar ata final de tempada.

O xogador madrileño, que conta coa experiencia de xogar dous anos en Segunda División B, é un central destro de 1,88 de altura, aínda que tamén pode adaptarse á posición de lateral, tanto esquerdo como dereito.

De 1992, David comezou a destacar nas categorías inferiores do Raio Vallecano, onde xogou ata o equipo de División de Honra xuvenil. Despois foise ao Villarreal, disputando dúas campañas co equipo C en Terceira División. Tras este periplo en terras castellonencas, en 2013 volve facer as maletas e regresa á capital para xogar co Atlético de Madrid C, tamén na Terceira División madrileña.

No cadro branquivermello estivo tan só un ano, xa que na seguinte tempada dará o salto a unha categoría superior co Atlético Astorga. Alí, na súa primeira campaña xoga 19 partidos, logrando co equipo a permanencia na división de bronce. Ao curso seguinte, David disputará un total de 30 partidos, 23 deles de titular, cunha gran actuación individual, pero con menor sorte no colectivo, xa que non logran salvar a categoría.

Así, o central madrileño decide volver á Comunidade Valencia, para xogar no Orihuela Cf. Logo dunha primeira volta na que participou en sete partidos, todos desde o once inicial, chega a un acordo co club para romper o seu contrato, xa que considera que necesita máis minutos de xogo.

Por tanto, coa carta de liberdade debaixo do brazo chega a un acordo coa Sociedade Deportiva Compostela, embarcándose deste xeito na súa primeira etapa en terras galegas, nas que estará, polo menos, ata final de tempada.

David Uña chegará nas próximas horas á capital de Galicia para porse a adestrar canto antes baixo as ordes de Yago Iglesias. A súa presentación como novo xogador do Compos realizarase o xoves ás 11h na tenda oficial do club, en Reizentolo.

Foto principal: Diario de León.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.