David Uña: “O Compos é un club moi profesional e esperamos devolvelo a onde se merece”

19 de Xaneiro de 2017
De esq. a der.: Javier Puñal, David Uña, Manu Castiñeiras, Javier García e Ramón Castro.
De esq. a der.: Javier Puñal, David Uña, Manu Castiñeiras, Javier García e Ramón Castro.

Santiago de Compostela, a 19 de Xaneiro de 2017.

O defensa elixido pola Sociedade Deportiva Compostela, David Uña, xa está aquí e hoxe foi presentado ante os medios na tenda oficial do club, en Reizentolo, acompañado polo director deportivo, Manu Castiñeiras, o vicepresidente, Javier García, o director de márketing, Javier Puñal, e o Relacións Institucionais, Ramón Castro. O xogador, que comeza así a súa primeira etapa en terras galegas, espera achegar o máximo posible a un equipo do que destaca a súa profesionalidade e o bo ambiente.

O central madrileño, que chega libre despois de desvincularse do seu anterior club, o Orihuela, explicou hoxe que “non estaba a contar con todos os minutos que quería, porque cando me rompín o nariz cambiaron de adestrador e despois xa non conseguín entrar, así que cheguei a un acordo coa directiva de que se recibía unha oferta boa, puidese saír”.

Por esta razón, cando o Compos contactou con el “foi todo moi rápido”. E é que David tiña moi boas referencias do club santiagués: “Faláronme moi ben do equipo, que é moi profesional, pese ao lugar onde está”. Ademais, por condicións, e comparado con outros equipos nos que estivo, “isto aquí é case como un equipo de Primeira ou Segunda”.

Por iso, David dará todo de si para conseguir, xunto aos seus novos compañeiros, “devolver o Compos a onde se merece”. No que respecta a el, “traballo diario van ter si ou si”, e despois será o adestrador quen decida.

Aínda que non falou aínda co técnico, David postúlase como central, xa que é onde se atopa máis cómodo, aínda que “podo desenvolverme en ambos os laterais”.

Deste xeito, o novo futbolista branquiazul terá que facerse un oco nun equipo do que destaca “a boa xente que hai”. A pesar de que non coñecía persoalmente a ningún, “recibíronme coma un máis”. Xuntos teñen que loitar “por meterse en playoffs”.

Ademais, para pechar, deixou claro que “a pesar de que asino ata verán, se o club quere e o equipo vai ben, non haberá problema por seguir aquí máis tempo”.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.