Pasiño a pasiño

21 de Xaneiro de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/g1M7gPi9huY” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

 

  • Yago Iglesias e Santi Taboada destacaron na previa a importancia de manter a boa dinámica tras a vitoria ante o Ribadumia.

Santiago de Compostela, a 21 de Xaneiro de 2017.

Unha vez roto o maleficio de non gañar fóra de casa, a Sociedade Deportiva Compostela volve ao seu lugar preferido, a un Estadio de San Lázaro no que só caeron en dous partidos e do que esperan sacar outra vitoria máis este domingo ás 17h ante o Céltiga, un rival que chega décimo terceiro con 27 puntos, cinco menos que os branquiazuis.

A tarefa está ben aprendida e así o reflicte o adestrador: “Queremos facer de San Lázaro o noso baluarte”. Yago Iglesias ten claro que “somos moi fiables en casa e sentímonos moi cómodos aquí”, polo que “é o mellor escenario posible para manter a boa dinámica conseguida tras a vitoria da semana pasada”.

Precisamente, este triunfo ante o Ribadumia permitiu ao equipo sacarse un gran peso de enriba, o de gañar de visitantes. “Tiñamos esas ganas de empezar o ano con vitoria fóra e canto antes porque xa tardaba moito”, confesa Santi Taboada.

Tanto adestrador como capitán coincaidiron en sinalar que “o equipo viña facendo partidos moi bos fóra”, pero faltáballes pechalos. Por iso, segundo Yago, o partido do domingo pasado “pechou esa liña continuísta de facer ben as cousas”.

Con todo, a pesar da alegría producida por este triunfo, o equipo xa está plenamente centrado no partido próximo, o do domingo ante o Céltiga, un rival moi complicado que xa lle conseguiu empatar na Illa.

“É un conxunto que fixo unha primeira volta moi boa. Ten xogadores con moita experiencia na categoría e, aínda que é certo que está da metade de táboa para abaixo, é moi físico e ten moi bos xogadores”, aclara Yago, así que “non nos podemos fiar pola clasificación e si polo que debemos facer no campo”.

Pola súa banda, Santi agarda a un equipo “que saia repregado, pero aproveitando as súas armas de ataque, porque teñen xogadores moi rápidos arriba e tentarano aproveitar saíndo á contra”.

Coa premisa de “ter de espello no que mirarse o partido da primeira volta e mellorar o que logramos nela”, o equipo está convencido de que “permitiralles estar arriba”. Aos poucos, logrando enlazar semanas de seis puntos, “saltaremos na clasificación, catapultándonos aos primeiros postos”.

Para iso, é moi importante ter a todos os xogadores dispoñibles, como esta fin de semana, co cal, Yago terá a sorte de poder decidir o domingo os dezaseis convocados dos vinte xogadores que ten en nómina. Entre eles estará xa David Uña, un central do que fala moi ben Santi, posible rival por un posto no centro da zaga.

“É un xogador que nos achegará experiencia e sobre todo intensidade defensiva. Víronselle cousas que ao equipo lle faltaban e ademais ten unha gran estatura que nos virá ben para o xogo aéreo”, explica o capitán.

Estea David na convocatoria ou non, Yago Iglesias está “seguro” de que “o equipo dará todo de si como en Ribadumia e que acabaremos o domingo coa felicidade do traballo ben feito”.

Pasito a pasito, “mellorando cada día”, os puntos chegarán e a alegría asentarase na parroquia compostelanista. O domingo ante o Céltiga, que o sorriso se apodere de todo o público que acuda a San Lázaro.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.