Dous en raia

22 de Xaneiro de 2017
photo5776243191190759526
Once do Compos, nun partido patrocinado por Kilarny.

Santiago de Compostela, a 22 de Xaneiro de 2017.

Por segunda semana consecutiva, a Sociedade Deportiva Compostela termina o domingo coa alegría do traballo ben feito. Outros tres puntos baixo o saco e o equipo que ascende na táboa, metido no vagón de cabeza.

Para iso, hoxe o equipo loitou ata o minuto 90 para lograr o triunfo ante un Céltiga moi combativo, que na segunda parte demostrou a calidade que atesouran os seus xogadores. O conxunto da Illa conseguiu inquedar nalgunha ocasión a meta de Lucas, aínda que os locais, sen ter a mesma posesión que outros días, xeraron numerosas ocasións perigosas, entre elas os tres goles, obra de Recoba, Mon e Diego Rey.

A confianza é un gran baluarte no fútbol e boa proba diso vivímola este domingo en San Lázaro. O Compos, que noutras ocasións viu como o rival se lle adiantaba no marcador, saíu tan enchufado ao partido que aos dous minutos xa estaba a gañar. 120 segundos co balón que lles permitiu abrir espazos na defensa rival. Así, o esférico chegou á banda a Diego Rey, quen aproveitando a confianza conseguida o domingo pasado, foise dun rival e puxo un centro raso ao momento de penalti onde apareceu Recoba para empalar, cun dereitazo perfecto, o balón á rede.

O Compos púxose por diante e o partido parecía controlado, pero ese control non se materializaba con ocasións. Había achegamentos, pero non disparos. De feito, para o seguinte tiro con veleno tivemos que esperar ata o minuto 38, cando Recoba aproveitaba un balón ás costas dos centrais para encarar cara a dentro e tirar, pero o seu disparo atopou cun defensa que a repeleu a córner.

Con todo, á saída do mesmo, chegaba o segundo. Centro ao segundo pau, Santi tenta rematar de cabeza, pero dá no defensa, e o balón que quedou morto no punto de penalti, aproveitábao Mon para, desde o chan, disparar a gol, beneficiándose de que o porteiro estaba fóra de sitio.

Dúas oportunidades claras, dous goles, pero non foi suficiente, xa que no desconto da primeira parte, nun córner a favor do Céltiga, o árbitro sinalaba o punto dos 11 metros cando Castro caía na área. Penalti por agarrón e Paco, ex compostelanista, que achegaba aos seus ao materializar a pena máxima.

Un gol que foi psicolóxico, porque na segunda metade os visitantes saíron con moitas máis ganas e o resultado tan curto provocou, como así o reflectiu Yago Iglesias, que o equipo inconscientemente dese un paso atrás. Foi así como puidemos ver as primeiras accións de David Uña, quen entrou no descanso por un Santi Taboada que tiña unha amarela e estábase xogando a segunda.

A pesar de estar máis repregados e con menos posesión, á contra, con balóns ás costas dos centrais, primeiro Santi Gegunde e despois Samu non eran quen de anotar o gol da tranquilidade. O lucense enviábaa alta, mentres que o mediocentro atopaba a Marcos nun intento de vaselina.

Dez minutos máis tarde, no 73, Marcos volvía salvar aos seus cando cun paradón mandaba a córner un disparo de Recoba, tras xogada combinada, que se coaba pola escuadra. Á saída do mesmo, de novo Mon case marca, aínda que o seu remate de cabeza que salvase o porteiro foi anulado por falta en ataque.

O tanto local non chegou e os visitantes, cada vez máis confiados, tivérona no 79 na cabeza de Machu. Á saída dun córner, o dianteiro adiantábase no primeiro pau para rematar de cabeza, pero o seu remate foi ao traveseiro. E na continuación da xogada, nun centro bombeado, o dianteiro saltaba máis que Lucas, pero a súa peiteada marchábase rozando o pau.

Foi a única dun Céltiga que vía como no 88 encaixaba o terceiro. Recoba recibía só á altura dos bancos, realizaba un un-dous que deixaba sentados a dous rivais, cedía para a entrada de Rubén, quen controlou e centrou ao bordo da área raso á entrada de Diego Rey, quen cun sensacional disparo potente raso mandaba o balón ás mallas, selando o triunfo local e anotando o seu quinto tanto no que vai de campaña.

O gol de Diego, e tamén o sensacional caneo de Recoba, levantou ao público dos seus asentos. Os espectadores celebraban un tanto que pechaba unha semana perfecta con dous triunfos consecutivos. Seis puntos que sitúan ao Compos no sexto posto, a cinco do cuarto, pero máis preto dos dous primeiros. Con dous en raia, a semana que vén en Alondras haberá que pechar a partida.

FICHA TÉCNICA

3- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Taboada (David Uña, m.45), Mon; Ube, Samu; Diego Rey, Tomás (Rubén, m.80), Recoba; e Santi Gegunde (David Nogueira, m.63).

1- Céltiga FC: Marcos Bermúdez; Paco, Marcos, Carlos, Castro; Nelo (Chiqui, m.85), Javi, Diego (Berros, m.20), Jonny; Machu e Yun (Ramon, m.63).

Goles: 1-0: Recoba, min.2; 2-0: Mon, min.39; 2-1: Paco, min.45; 3-1: Diego Rey, min.88.

Árbitro: López Vila, colexio coruñés. Amonestou a Taboada e Samu, polos locais; e a Nelo, Berros e Jonny, polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésima segunda xornada de liga de Terceira División disputado no Estadio Municipal de San Lázaro ante 680 espectadores.

Flickr

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
👉 O Compos caeu en Riazor contra a @deporcanteiraDecidiron os goles de Aarón e Kevin para os locais na segunda parte Grazas a todos os que nos acompañastes! 🩵🤍#FabrilCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
𝐑𝐝𝐏🎥 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧 𝐏𝐞𝐫𝐦𝐮𝐲🗣️ Rolda de prensa do adestrador do Compos trala derrota en Riazor contra a Real Club Deportivo de La Coruña Fabril#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🔚 FINALReal Club Deportivo de La Coruña Fabril 2️⃣-0️⃣ COMPOS#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSO Real Club Deportivo de La Coruña Fabril 0️⃣-0️⃣ COMPOS#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🩵🤍#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.