Triunfo do Alevín B nunha mala fin de semana

23 de Xaneiro de 2017

Santiago de Compostela, a 23 de Xaneiro de 2017.

As categorías inferiores da Sociedade Deportiva Compostela viviron esta fin de semana unha xornada pouco propicia, xa que sería o Alevín B o único capaz de sacar os tres puntos no seu encontro. Iso si, o conxunto dirixido por Cristian Maneiro fíxoo de forma moi clara, ao gañar por 0-14.

Outro que esbozou un medio sorriso foi o Xuvenil de Liga Nacional. Os de Vecho, tras varias derrotas consecutivas, conseguiron volver sumar grazas a un empate na casa ante o CP Calasancio.

A pesar de que os visitantes se puxeron por diante moi pronto, no 42, Víctor Vilariño igualaría o choque cun tanto que certificaría o 1-1 final.

Con este empate, o conxunto branquiazul segue décimo sexto, aínda que moi preto dos seus inmediatos rivais, aos que tentará superar este domingo, cunha vitoria ante o CD Conxo, no derbi que se disputará ás 12h na Merced.

Por contra, o Xuvenil B non tería tanta sorte e, precisamente, caería ante o CD Conxo, terceiro clasificado na súa Liga, por un gol a cero. Con este resultado baixa ao décimo quinto posto, a un punto de tres rivais. A estes tentaraos superar gañando na casa á AD Manuel Peleteiro, o domingo ás 12h nas Cancelas.

Tampouco puido sumar o Cadete no seu partido como local ante o Amio, e iso que se puxo por diante ao comezo do segundo tempo coa diana de Celestino Gutiérrez. Con todo, os visitantes remontarían o partido para selar un gran triunfo por un gol a dous.

A pesar deste tropezón, o conxunto branquiazul segue colocado no décimo posto. Buscarán mellorar a súa anotación, o domingo ás 11h nas Viñas (Rianxo) contra o CD Unión, novenos con 34 puntos.

Tamén xogarán contra o CD Unión a fin de semana próxima o Infantil A, exactamente será o sábado ás 11h nas Viñas. A este partido chegarán despois de empatar a un gol en casa contra as EDX Oroso, con tanto de Adrián Álvarez.

Pola súa banda, o Infantil B perdeu 2-4 ante o CD Dodro en encontro xogado na Barrosa. Sétimos clasificados, xogarán contra o CD Rois o sábado ás 11h na Braña.

En canto aos alevíns, o A perdeu o seu segundo partido no playoff de ascenso. Púxose por diante moi rápido co tanto de Etien Pignol, pero despois a EF Lalín foi moi superior e acabaría gañando por seis a un.

Buscando sumar os seus primeiros puntos neste playoff, os branquiazuis xogarán o derbi contra o Santiago, o sábado ás 13:30 nas Cancelas.

Mentres, o B goleou ao Vista Alegre, con dianas de Etien Pignol (catro), Andrés Pardal (tres), Damián Piñeiro (tres), Lois Lortes, Xiao Pereiro, Damián González e Juan Manuel Millán.

Con este marcador soben ao quinto posto, no que se tentarán manter cun bo resultado ante a AD Manuel Peleteiro, segundo clasificado. O choque disputarase o sábado ás 10:30 no Municipal da Barrosa.

Mentres, o Benxamín perdeu o seu partido de playoff de descenso por 1-3 ante a AD Manuel Peleteiro. O tanto local foi obra de Giovanny Gallo. Buscarán os seus primeiros puntos, o sábado ás 15:30h nas Cancelas ante o Racing San Lorenzo.

Por último, Anxo Ferro está convocado este mércores coa selección sub15 de Santiago para un adestramento que se disputará ás 16:30h no Municipal da Barrosa.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.