O Xuvenil B sae do descenso e o Infantil afianza a cuarta praza

25 de Abril de 2017
Imagen del partido del Juvenil B. Foto: Facebook Val do Ulla.
Imaxe do partido do Xuvenil B. Foto: Facebook Val do Ulla.

Santiago de Compostela, a 25 de Abril de 2017.

Tras o parón de Semana Santa, a gran maioría de conxuntos das categorías inferiores da SD Compostela volveron á competición, iso si, con distintas sensacións. Na parte positiva están as vitorias do Xuvenil B e o Infantil A, mentres que no negativo, apuntamos a derrota do Infantil B, quedando practicamente eliminado da Copa de Santiago.

En primeiro lugar, debemos destacar a importante vitoria dos xuvenís na casa contra o Val do Ulla. Segundo triunfo consecutivo que permite aos branquiazuis saír do descenso, achegándose ademais aos seus rivais máis próximos.

No encontro que se disputou nas Cancelas, o Compos levou o triunfo con dous goles na segunda metade. O primeiro de Marcos Andrade no 67 e o segundo de Daniel Abeijón no 89.

Agora están décimo terceiros con tres sobre o descenso, límite que marca un Bastavales que será o próximo rival dos nosos, o sábado ás 16h no Municipal de Brión.

En canto ao Cadete, sacou un gran empate na casa do terceiro clasificado, o Vitoria. Os nenos dirixidos por Xenxo igualaron a contenda por dúas veces, con tantos de Celestino Gutiérrez e de Juan Mallo.

Cun punto máis afiánzanse na décima praza, xogando o vindeiro domingo ás 11:15 contra o Milladoiro nas Cancelas.

Outro que xogará o vindeiro sábado contra o Milladoiro será o Infantil A, ás 12:15 no Municipal da Barrosa.

O conxunto branquiazul chegará ao partido instaurado na cuarta praza e tras gañar ao Villestro por un gol a sete, mercé ás dianas de Martín Rodríguez (tres), Alejandro Parga, Gorka Madariaga (dous) e Adrián Álvarez.

Peor sorte correu o conxunto B, xa que foi goleado polo San Pedro no segundo partido da fase previa da Copa de Santiago. O resultado final foi de 11-1, sendo Pablo López o que anotou o tanto da honra. O seu próximo rival será o Racing San Lorenzo, o domingo ás 12:45 nas Cancelas.

Respecto dos alevíns, o A empatou a uns contra o Amio no playoff polo título, co gol de Rubén Sande no 19; mentres que o B perdeu 3-0, tamén contra o Amio, e mantense en media táboa.

A próxima fin de semana, o primeiro xogará contra o Ulla Pontecesures, o sábado ás 11:30 nas Cancelas, e o segundo contra o Vista Alegre, o sábado ás 13:30 en Santa Isabel.

Por último, o Benxamín, tras descansar esta semana, retomará o seu playoff para evitar o descenso, o sábado ás 15:30 en Santa Isabel, ante o CD Conxo, segundo clasificado nesta liguiña.

Tamén volverá á competición o Xuvenil de División de Honra tras quince días de parón. Farao para enfrontarse ao Vitoria CF, conxunto que está a catro puntos do ascenso, o sábado ás 17h nas Cancelas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

32 minutes ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.