O Cadete e o Infantil A destacan na Copa

22 de Maio de 2017
O Alevín B co trofeo no Torneo de Noia.
O Alevín B co trofeo no Torneo de Noia.

Santiago de Compostela, a 22 de Maio de 2017.

Con case todas as ligas terminadas, chega a quenda das Copas e, nelas, dous conxuntos da base compostela, proseguen o seu camiño con paso firme. Estes dous equipos son o Infantil A, que xa gañou a ida dos cuartos de final, e o Cadete, que superou ao Amio SD cunha remontada épica, culminada na quenda de penaltis.

Nos xuvenís, mentres que o A descansou esta semana, o B perdeu nos oitavos da Copa de Santiago ante un CD Conxo moi superior, que gañou a ida por 0-2 e a volta por 5-0. Así, os santiagueses xa están de vacacións, esperando por saber en que liga competirán.

O cadete, a pesar de que perderan a ida por catro goles a un, conseguiron remontar na volta co mesmo resultado. Os mozos de Xenxo comezaron moi forte, anotando dous goles que o deixaban a un do pase, o primeiro de Raúl García e o segundo de Grigore Barbascumpa. Con todo, o Amio anotaba mercé ao tanto de Alejandro Outeiral, revés que non afectou os branquiazuis, xa que nos dez últimos minutos Xacobo Insúa e Marcos Andrade empataron a eliminatoria. E nos penaltis, vitoria por 4-3 para pasar de rolda e esperar rival para as semis.

Mentres outros xa acabaron, o Infantil A segue vivo en dúas competicións á vez, a Copa e a Fase de Ascenso. Deste xeito, mantén un ritmo de dous partidos por semana. Esta pasada, o mércores xogou os oitavos de final da Copa do Sar, superando nos penaltis ao EFM Boiro, tras empatar a tres goles no tempo regulamentario; e o domingo gañaron ao Bertamiráns por 2-1, con tantos de Iago Fernández e Adrián Álvarez, na ida dos cuartos de final.

Para esta nova semana que comeza, empezarán a fase contra o Valiño Cabo da Cruz, o mércores ás 20:15 en Vista Alegre (Boiro) e a fin de semana a volta dos cuartos da Copa do Sar.

En canto aos alevíns, ambos disputaron un torneo a finde. O A quedou 3º de grupo no de Rianxo, despois de gañar ao Ural, pero perder contra o Celta e o Santiago. E o B, no de Noia, tras quedar terceiro de grupo tamén, gañaron a fase de consolación tras superar ao Noia B na final nos penaltis, tras o 2-2 do encontro.

E por último, os benxamíns víronse sorprendidos polo Vista Alegre, caendo por 2-3, tras empatar os dous tantos dos visitantes nos primeiros instantes, con senllos goles de Giovanny Gallo e Sergio Davila. Aínda así, manteñen unha boa renda sobre o descenso, a cal tentarán aumentar gañando ao La Salle o próximo partido.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ Club Marino de Luanco#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
DÍA DE PARTIDO! DÍA DE COMPOS! 🩵🤍COMEZAMOS A LIGA NA NOSA CASA E PRECISAMOS O APOIO DE TODOS! 🏟️🆚 Club Marino de Luanco 🏟️ Vero Boquete🕛 12:00 horas🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/📸 Nacho Castaño#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎟️🩵🤍 Rifas Compos 26/27Grazas ao acordo co Mercado La Galiciana, patrocinador do club, cada partido no Vero Boquete sortearemos un vale por valor de 100€ para gastar no establecemento compostelánMañá, a primeira oportunidade! ⚽️Sorte a todos! 🙌🙌🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ Club Marino de Luanco 👉 Citados todos os xogadores dispoñibles para o encontro de mañá, primeira xornada de Liga, ás 12:00 horas na nosa casa#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎟️🩵🤍 Xa somos 1⃣.5⃣0⃣0⃣ abonados🙌 Mañá comezamos a Liga e necesitamos o apoio de todos! 📌 Recorda que podes abonarte online ou presencialmente (Na Tenda -luns a sábado- ou na Oficina -luns a venres-)🎫 sdcompostela.compralaentrada.com#ocamiñodonorte ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.