Martín e Ander, primeiras baixas do Compos

26 de Maio de 2017
Ander, no seu partido contra o Silva. Foto: Amadeo Rey.
Ander, no seu partido contra o Silva. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 26 de Maio de 2017.

Martín González Rodríguez (08/11/1991) e Ander Bellido Echebarrieta (07/02/1996) non continuarán a súa andaina na SD Compostela. O club comunicoulles a ambos que non conta con eles para a próxima tempada, á vez que lles agradeceu o gran traballo realizado durante todo este ano. Con todo, o interior tamén tiña pensado deixar o fútbol por un tempo, para recuperarse dos problemas físicos que arrastrou durante todo este ano.

Martín, quen volveu ao Compos procedente do Cerceda para vivir a súa segunda etapa no club branquiazul, disputou durante esta campaña un total de 21 partidos de liga, nos que anotou dous goles.

O santiagués comezou o ano con gran importancia no once, sendo titular en dous dos primeiros encontros e entrando desde o banco noutros dous. Con todo, diversos problemas musculares provocaron que se cortase a súa dinámica e que quedase fose das convocatorias, en especial, a metade de campionato. O seu regreso na xornada 31 ante o Arousa e o seu gol ante o Ordes, que permitiu ao Compos encarrilar un partido que se puxo moi costa arriba, encheulle de confianza, levándolle a disputar case todos os encontros ata final de ano, iso si, entrando sempre como revulsivo.

Pola súa banda, Ander non tivo tanta sorte como o interior e apenas puido pechar a tempada con catro partidos xogados, un deles desde o once inicial, na derrota por dous goles a un ante o Silva.

O novo defensa, tras o seu paso polo Estudantil, regresou ao primeiro equipo coa esperanza de coller confianza nunha nova categoría, pero, desde o inicio, o seu retorno á disciplina santiaguesa non foi nada fácil. Ander viviu desde a bancada ou o banco todo o curso do equipo, saíndo a participar, ademais de contra o Silva, nos últimos instantes dos choques ante o Villalonga, Negreira e Barbadás.

O labor de ambos polo equipo foi intachable e por iso o club séntese moi orgulloso de contar con ambos durante este curso de transición na Terceira División. En adición, deséxalles moita sorte para as súas novas aventuras. Espera que Martín se recupere ben dos seus problemas físicos para que volva dar o 100% do seu xogo e que Ander atope moi bo acomodo no seu novos conxunto.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS, CAMPIÓN DO TRIAGULAR VILA DE CAMBADOS@DeporCanteira 2️⃣ (8) - 2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris | Manu RivasCOMPOS 1️⃣-0️⃣ Arosa SC⚽️ Turbi👏 Gran participación dos nosos que seguen a coller sensacións para a tempada📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINAAL@DeporCanteira 2️⃣ (8) -2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris e Manu Rivas👉 Gañamos nunha tanda de penaltis interminable, tralo empate nos 45 minutos🧤 Edu parou o noveno penalti e Miguel Prado asinou o definitivo🏆 O campión do Triangular Vila de Cambados sairá do noso seguinte encontro📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
1' |0️⃣-1️⃣|🔛 COMEZOU o partido en Cambados e..... GOOOOOLLL de GORIIISSS!!! ⚽️⚽️⚽️Adiántanse os nosos contra o Fabril nada máis arrincar, co tanto do canteirán trala asistencia de Edu González📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Hoxe, dobre cita en Cambados! 🩵🤍🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril🕢 19:30 horas🆚 Arosa SC🕣 20:30 horas🏟️ Municipal de Burgáns🎟️ 10€🏆 Triangular Vila de Cambados#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.