Mon e Santi Gegunde, renovados

1 de Xuño de 2017
Mon en acción ante o Choco. Foto: Amadeo Rey.
Mon en acción ante o Choco. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 1 de Xuño de 2017.

Outro mediocentro e o primeiro dianteiro. A SD Compostela pechou a renovación doutros dous xogadores, ‘o lucense’ Santi Fernández Gegunde e o santiagués Mon Vives. O primeiro firma por un ano máis, mentres que o canteirán branquiazul faino ata xuño de 2019. Son dous xogadores que contaron cun gran protagonismo durante todo o curso e Yago Iglesias desexa contar con eles para a próxima tempada, na que o obxectivo estará clasificarse entre os catro primeiros.

Mon Vives foi o único con ficha do primeiro equipo en Segunda B que quedou o curso pasado en Terceira, unha proba de compromiso coa entidade que referenda con esta nova firma. O mozo santiagués foi para Yago un comodín durante toda a tempada, actuando en diferentes posicións, algunhas delas, novas para el. Comezou de lateral esquerdo, xogando mesmo de central ante o Deportivo B, e acabou gañándose o posto no dobre pivote, onde realizou unha segunda volta de gran nivel que o levou a loitar polo posto a mellor xogador da tempada. Ademais, tamén actuou de interior en momento puntuais.

En total, Mon disputou trinta e dous partidos de Liga, vinte e sete deles de titular. Neses encontros anotou catro goles (Bergantiños, tanto na ida como na volta, Céltiga e Arousa) e recibiu doce cartóns marelos. A maiores, destacou por ser o especialista en botar os balóns parados e de feito anotou dous goles de falta.

Coa renovación por dous anos, Mon poderá completar un total de cinco tempadas no primeiro plantel do Compos, unha mostra de que os canteiráns da entidade poden lograr asentarse no club con traballo e sacrificio.

Pola súa banda, Santi chegou o curso pasado procedente do As Pontes, onde anotara doce tantos na última campaña. En Santiago non puido chegar a esa cifra, aínda que quedou moi preto dela. Nos trinta e un partidos xogados, vinte de titular, conseguiu perforar a rede rival en nove ocasiones. Con esa cifra converteuse nun dos máximos artilleiros do equipo, sendo os seus goles moi importantes para a consecución de vitorias.

Con estas dúas novas renovacións, o Compos xa conta con seis xogadores confirmados oficialmente para a nova tempada. O director deportivo Manu Castiñeiras seguirá traballando duramente para que a nómina de futbolistas se aumente nos próximos días.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.