Borja Iglesias clausurou o II Campus da SD Compostela

30 de Xuño de 2017
Borja Iglesias e Emilio Mato cos nenos do Campus. Foto: Amadeo Rey.
Borja Iglesias e Emilio Mato cos nenos do Campus. Foto: Amadeo Rey.

 

  • Emilio Mato, administrador de EMAC Proxectos e Obras, foi o encargado de repartir os diplomas.

 

Santiago de Compostela, a 30 de Xuño de 2017.

O segundo campus da SD Compostela chegou ao seu fin. Tras cinco días de moitas actividades e xogos, os pequenos marcharon para as súas casas cun sorriso de orella a orella. Fixérono ademais, tras gozar, neste último día, dun xogadorazo como Borja Iglesias, encargado de pechar este Campus.

A pesar das inclemencias do tempo, os pequenos aproveitaron estes días para pasalo ben practicando o deporte que máis lles gusta, ao mesmo tempo que fixeron novas amizades.

Nesta última xornada, máis lúdica que as anteriores, os mozos contaron coa visita de Emilio Mato, administrador de EMAC Proxectos e Obras, patrocinador principal do Campus, e de Borja Iglesias, xogador do RC Celta de Vigo e que conta coa honra de ser o máximo goleador de Segunda B nunha tempada.

Ambos os invitados contestaron as preguntas dos pequenos, serviron de man inocente para sortear os premios desta xornada (unha bufanda do Compos e as botas de xogo de Borja Iglesias) e entregaron os diplomas que acreditan a asistencia ao Campus e un queixo de denominación de orixe García Ulloa, xentileza de Queixería Barral.

Con estas entregas púxose fin ao segundo Campus do Compos, un proxecto máis dentro da responaibilidade social e coa canteira do club. Por iso, queremos agradecer a todos os nenos que asistiron, aos cales convidamos para a próxima edición, do mesmo xeito que a aqueles outros que non o fixeron.

Gardar tamén unha mención especial a EMAC, por patrocinar esta actividade, que axuda a que os máis pequenos da casa teñan unha semana de verán algo diferente. Lembrar tamén aos adestradores e monitores, os cales fan posible todo isto co seu traballo, e aos padriños que aceptaron a nosa invitación para que asistisen algún día.

Por último, acordarse dos patrocinadores que achegan o seu granceiro de area para que o Campus sexa o mellor posible: Grupo Alumisan, Gadis, Cafetería Lois, 4-4-2 Botas, Armesa, Kia, Queixería Barral, Reizentolo, Concello de Santiago, Galicia Saudable, Deputación dá Coruña, Lambonadas, Laucreaciones e Gráficas Garabal.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Céltiga F.C 🩵🤍 Os nosos para o encontro de mañá ás 18:00 horas na nosa casa👉 Están citados todos os xogadores #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Céltiga F.C ⚽️ Previa do noso adestrador antes do encontro de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmada a nova data para o encontro aprazado! ⚽️ 𝐗𝟐𝟎🆚 Club Juventud Cambados🗓️ Sábado, 28 de febreiro🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe completamos a semana de aniversarios co do noso picheleiro, Damián Noya 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐚𝐦𝐢𝐚𝐧!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.