Lucas, Samu e Alberto afirman que o equipo está preparado

14 de Agosto de 2017
Samu, esquerda, Miguel, xerente do restaurante, Alberto e Lucas.
Samu, esquerda, Miguel, xerente do restaurante, Alberto e Lucas.
  • Os tres xogadores foron presentados no Restaurante San Jaime.

Santiago de Compostela, a 14 de agosto de 2017.

Lucas, Samu e Alberto son tres dos xogadores que seguen na SD Compostela do curso pasado. Os tres tiveron un papel moi diferente na tempada, aínda que agora o obxectivo deles é o mesmo: pelexar por ter a maior cantidade de minutos posible. Ademais, todos eles ven a un equipo moi preparado para o comezo ligueiro, cun persoal que deu un salto de calidade respecto ao ano anterior.

As sensacións son moi boas, cunha pretempada que serviu para avanzar moito, segundo apuntan os futbolistas branquiazuis. Samu marca como único punto negativo “a eliminación de Copa”, pero ve á xente, incluídos os novos, “moi involucrados”; Alberto dixo que o período estival foi moi bo en canto a resultados, debido “ao gran traballo realizado”; mentres que Lucas cre que os partidos disputados permitiron “probar as cousas novas que nos pide Yago”. Por todo iso, están convencidos de que o equipo está preparado para comezar o curso con moi bo pé, gañando no que ten que ser o fortín de San Lázaro.

En canto ao salto de calidade, Lucas comentou que, a pesar de xa ter un gran equipo, que foron todos novos e novatos na categoría notouse moito, algo que melloran os xogadores que chegaron. Coa súa experiencia esperan que o equipo poida sumar máis puntos de visitante, xa que será primordial para estar arriba.

Doutra banda, os tres sinalan a Bergan, Somozas, Boiro e Barco, polas súas fichaxes, como os favoritos para estar arriba xunto a eles, aínda que sempre pode aparecer algunha sorpresa.

Samu Rodríguez. O mediocentro, que o curso pasado perdeu o protagonismo inicial tras unha lesión, espera volver recuperar a confianza, nun xogo que segue as liñas do pasado exercicio: “ter o balón, ser ofensivos e apertar forte cando o perdemos”, explicou.

Alberto Freire. O mediocentro, que saíu cedido en xaneiro ao Bertamiráns, espera ter “máis minutos e ser protagonista nesas oportunidades que me aparezan”.

Lucas Díaz. Pola súa banda, o porteiro de Bembibre quere “xogar o máximo posible e achegar neses partidos”, buscando mellorar o gran rendemento que xa tivo a pasada tempada. O meta cre que todos os xogadores do plantel serán importantes, polo que desexa que todos poidan loitar coas mesmas condicións, que as lesións os respecten.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Parapar está de volta!🤝 O extremo coruñés regresa ao Compos para ser un puñal pola banda do Vero Boquete e acadar o ascenso𝐏𝐚𝐫𝐚𝐩𝐚𝐫 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/17/parapar-maxia-fichaxe-sd-compostela/#benvidoparapar ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚Manu Barreiro non continuará na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo teu compromiso e traballo, Manu; e moita sorte para o teu futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Rodríguez, polivalencia, xuventude e talento para a liña defensiva do Compos🤝 O defensa, que pode actuar como lateral ou central, ocupa ficha sub23 e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐑𝐨𝐝𝐫𝐢𝐠𝐮𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/16/diego-rodriguez-fichaxe-compos/#benvidodiegorodríguez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ 𝐏𝐑𝐄𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 🔥▶️ Os nosos comezarán os adestramentos o próximo luns 21 de xullo⚽️🕙 A primeira sesión será ás 10.00 horas no San Lázaro II🏟️🙌 Recorda que o mércores 23 xa teremos o primeiro amigable, no Vero Boquete, ante o Real Club Deportivo de La Coruña 📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🎟️ MERCA a túa entrada ou accede co teu abono a este gran encontro na nosa casa📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.