O Compos leva os 3 puntos nun partido de tolos

27 de Agosto de 2017
Momento do cuarto gol de Róber. Foto: Amadeo Rey.
Momento do cuarto gol de Róber. Foto: Amadeo Rey.
  • Os tantos de Rubén, Primo, Mon e Róber, todos na segunda metade, permitiron o primeiro triunfo lonxe de San Lázaro.

Santiago de Compostela, a 27 de agosto de 2017.

O Compos rompe o maleficio na primeira oportunidade. Seis puntos de seis posibles. Os homes de Yago Iglesias lograron esta tarde na Senra o segundo triunfo do campionato, o primeiro de visitante, no mesmo campo no que estrearan o casilleiro fóra da casa a tempada pasada.

Rubén,  Primo, Mon e Rober foron os goleadores nun encontro de tolos. Os nosos tiveron que porse por diante no marcador tres veces para gañar o encontro. O Ribadumia vendeu cara a súa derrota. Primeiro levantou un 0-2 en contra, cos tantos de Santi e Hugo Soto, e máis tarde coa diana de Fran Fandiño.

Saía o Compos ao terreo de xogo da Senra coa firme intención de romper o maleficio do curso pasado, quería gañar lonxe de San Lázaro canto antes, e para iso o técnico repetiu o once da semana pasada. Tras una primeiros minutos de tanteo Primo tiña a primeira cun tiro raso que sacaba Iván a córner. A este achegamento respostaban os locais cun tiro arriba de Cerqueiras cando tiña todo de cara.

Con todo, co paso dos minutos, os nosos fixéronse co control do xogo tendo nas botas de Rober e Alex Ares, este último por dúas veces, a oportunidade de adiantarse no marcador.
Malia iso chegouse ao descanso co resultado inicial, situación que mudaría á volta dos vestiarios. Sete minutos bastaron para que a SD Compostela encarrilase o choque. Rubén empurraba á rede, no minuto 50, un centro dende a esquerda, asinado o seu segundo tanto da campaña. Sen tempo para celebralo chegaba o segundo de Primo. Iván Parada esbaraba no saque de meta caendo o balón nos pes de Tomás, quen acababa de entrar no terreo de xogo. Este cedería para o dianteiro cántabro que so necesitaría empurrar o balón para estrearae como goleador branquiazul.

Porén, cando todo semellaba resolto o Ribadumia igualaba o choque cun arreón en cinco minutos. Nun córner botado ao segundo pau e peinado cara o primeiro, Santi recurtaba diferenzas coa testa e no 60, tras unha rápida contra, un balón servido do Gabi ás  costas dos centrais chegaba Hugo Soto, quen marcaba unha picada cruzada ante Lucas.

Respostaban os nosos cun terceiro tanto, obra de Mon. O capitán, tras unha xogada trabada, anatoba cun lanzamento cruzado coa dereita. Pese a iso volverían a empatar os locais. Esta vez foi Fran Fandiño quen cun tiro ao segundo pau poñía as táboas no luminoso, no 68.

No 78, o colexiado anulaba un tanto de Hugo Soto coa man, que precedería ao último dos nosos, sete máis tarde. Nunha xogada illada Primo cedía para Rober que empurraba o eférico ás mallas, levando á tolemia á bancada visitante. A fichaxe branquiazul consumábase como o pichichi do que vai de curso axudando a asinar un novo triunfo.

Pese ao sufrimento final, os puntos viaxaron cara Compostela. Dúas vitorias que xeran moita confianza no novo proxecto. Comezamos a peregrinación cara o playoff con bo pé. A terceira parada será o próximo domingo  contra o Laracha, en San Lázaro.

FICHA PARTIDO

3- CD Ribadumia: Iván Parada; Santi, Miguel Vázquez, Iván Renda, Rodri; Gabi, Cheri (Jony, m.79); Fran Fandiño, Mota (Ramón, m.65), Cerqueiras; e Hugo Soto (Bugallo, m.89).

4: SD Compostela: Lucas; Sergio Pereira, Cardeñosa, Uña, Naveira; Mon (Sobrido, m.68), Álvaro Casas; Róber, Álex Ares, Rubén (Tomás, m.49); e Primo (Santi, m.87). 

Goles: 0-1: Rubén, min.48; 0-2: Primo, min.51; 1-2: Santi, min.54; 2-2: Hugo Soto, min.59; 2-3: Mon, min.65; 3-3: Fran Fandiño, min.67; 3-4: Róber, min.85.

Árbitro: Uxío Caamaño, colexio vigués. Amoestou a Miguel Vázquez, Hugo Soto e Gabi, polos locais, e a Primo e Tomás, polos visitantes.

Incidencias: Partido da segunda xornada de Liga de Terceira División disputado na Senra (Ribadumia) ante 500 espectadores, cunha gran afluencia de seguidores santiagueses.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de traballo para a volta da finalísima👉 Xornada para recuperar folgos e comezar a preparar o encontro no Municipal de Badalona💪 Queda un encontro e imos a por todas para acadar o obxectivo#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 90 minutos por diante para acadar o obxectivo🫂 Este domingo, co voso apoio, desde Badalona, Compostela ou desde as vosas casas, a polo ascenso🆚 CF Badalona ⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 21/06🕧 12:30 horas🏟️ Municipal de Badalona#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos da un importante paso na finalísima, coa axuda de todos, tras gañar 3⃣-0⃣ na casa 💪 Valeron os goles de Valín, Antón Guisande e Charly🔜 Quedan 90 minutos en Badalona para defender a renda 👉 sdcompostela.com/gl/2026/06/14/compos-3-0-badalona-finalisima/📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, hoxe no banco pola sanción a Secho, analizou na sala de prensa o bo resultado, 3⃣-0⃣, na ida desta final nacional polo ascenso#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-0️⃣ CF Badalona⚽️ Valín, Antón Guisande e CharlyQUEDAN 90 MINUTOS!!! 🩵🤍SEGUIMOS PASO A PASO A POLO OBXECTIVO 💪💪GRAZAS A TODOS, UNHA VEZ MÁIS, POR ESTE AMBIENTAZO!!! SEGUIMOS TODOS XUNTOS!!! 🫂📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.