Volta a casa para seguir sumando de tres

7 de Outubro de 2017
Yago compareceu en rolda de prensa no día do seu cumpleaños.
Yago compareceu en rolda de prensa no día do seu cumpleaños.
  • Diego Rey, Ube e Primo serán baixa para o partido.

Santiago de Compostela, a 7 de Outubro de 2017.

Un recentemente ascendido como o Cultural Areas visitará este domingo San Lázaro, onde a SD Compostela buscará o seu terceiro triunfo consecutivo. Despois da gran imaxe mostrada nos seus dous retos de visitante, o equipo branquiazul quere volver agradar ao seu público cun novo triunfo no seu fortín.

Dúas semanas máis tarde de xogar por última vez no seu feudo, as sensacións na parroquia santiaguesa son totalmente distintas. As dúas últimas vitorias cambiaron o ánimo dunha afección á que o club anima a asistir ao encontro, roldando as cifras de anteriores envites.

Este troco nos resultados veu acompañado tamén por unha mellora no número de goles encaixados. “O equipo deu un paso cara adiante na faceta defensiva”, aclara Yago Iglesias, aínda que explica que “non encaixamos goles, pero tampouco cambiamos o sistema 180 graos. É unha situación que se dá a partir de acumular experiencias de partidos e adestramentos”.

Ademais, estes resultados permitiron asentar a idea de que o equipo está a traballar ben, aínda que segundo comenta o técnico, aínda falta que os novos cheguen ao seu mellor nivel no plano colectivo.

En canto ao plantel, os xogadores “teñen moitas ganas de xogar este partido para volver sumar de tres e tamén por regresar a un campo de herba natural e dimensións máis amplas”, asegura o adestrador. Entre eles, serán baixa para este encontro Diego Rey e Ube, que seguen co seu traballo de pretempada, e Primo, que tentará recuperarse ao 100% das súas molestias e así estar preparado para os partidos que virán esta semana.

Os restantes terán que enfrontarse a un conxunto que “a pesar de que non se coñece moito por ser da zona sur, é un equipo que propón un fútbol moi vistoso e que ten xogadores de moita calidade de medio campo para adiante”, explica. Na súa análise, o técnico comenta que “é un equipo novo que ten moitos xogadores portugueses e un adestrador portugués tamén”. Destaca a velocidade que teñen arriba, polo que “teremos que estar moi concentrados para que neste campo grande non nos fagan dano ás costas”, e a un xogador que marca as diferenzas, o dianteiro portugués Yannis.

Se conseguen controlar estas virtudes do rival e levan a cabo o seu mellor xogo, o mostrado en San Lázaro desde comezo do curso pasado, unha nova vitoria que nos siga achegando aínda máis ao noso soño será viable. Ese é o obxectivo e para iso o club espera contar co maior apoio posible na tribuna de San Lázaro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⚽️ No derbi contra o CORUXO F.C. 👇♠️♣️ Fixémoslle entrega ao rival dunha peza de acibeche en bruto, dentro do proxecto con Ourives de Compostela🤝 Da man de Iberitos, sorteamos unha cesta de produtos coas rifas, cuxa recaudación foi destinada aos afectados da DANA#composcoruxo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏰ HORARIO confirmado para o próximo encontro na nosa casa 🩵🤍x12 🆚 UD Llanera 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo, 17 de novembro🕠 17.30 horas🥖 Patrocinado por O Pan de Leis #ComposLlanera ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤝 Força València! Compostela está con vós!Esta mañá, voluntarios da Protección Civil de Santiago (Avpc Santiago De Compostela) recolleron os produtos donados polos nosos afeccionados e membros do club para os afectados pola DANAEnchéronse 2 furgonetas que xa están camiño de Valencia!🙏 Grazas a todos! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌 Aberto o prazo para descargar o Bono Comercio da Xunta de Galicia 🩵🤍 Podes aproveitar os seus descontos na nosa Tenda Oficial 🎟️ Solicítao xa en www.bonosactivacomercio.gal👉NON QUEDES SEN ÉL!!#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ Nova semana de derbi! Toca visitar Carballo!💪 Queremos seguir coa boa liña!x11 🆚 Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo 🏟️ As Eiroas🗓️ Sábado 09/11🕔 17.00 horas📺 En Xogo 🚨⏰ OLLO! O partido adiantouse ás 17.00 horas#bergancompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.