Difícil visita intersemanal ao Somozas

11 de Outubro de 2017
Yago Iglesias na rolda de prensa.
Yago Iglesias na rolda de prensa.

 

  • Yago Iglesias leva a todos os dispoñibles ao Manuel Candocia.

Santiago de Compostela, ao 11 de outubro de 2017.

Tras o triunfo do domingo contra o Areas, o Compos xa pensaba na súa próxima cita. Mañá, no campo Manuel Candocia, os branquiazuis enfrontaranse a un rival moi duro, realizado para ascender, como é o Somozas.

A pesar da dificultade da tarefa, os xogadores santiagueses buscarán un novo triunfo que lles permita manter viva a gran xeira que levan. Sería o seu cuarto partido consecutivo sumando e o terceiro de visitante.

Aínda así, en fronte terán un conxunto ao que Yago considera como “un dos favoritos para entrar no playoff, porque é un equipo con nome na categoría e que ten xente de moito nivel, como Gerardo, Monroy ou Jacobo”, analiza.

Ademais, o terreo de xogo, a pesar de ser de herba natural, ten unhas dimensións inferiores ás de San Lázaro. “É un campo pequeno, polo que temos que seguir a liña dos últimos partidos, ser moi sólidos en defensa, cun grupo moi unido”, comentou.

Doutra banda, unha semana tan cargada dificulta o labor do técnico, xa que ten menos días para preparar o choque. “É unha semana totalmente distinta en canto a estrutura, polo que hai que repasar o traballado”, explicou.

Esta circunstancia provoca que Yago leve a todos os xogadores dispoñibles. Os que non entren na convocatoria adestrarán antes do encontro, para non perder un día, nunha semana na que haberá moitas rotacións. Da partida poderá estar Primo e Ube, xa recuperados, mentres que con Diego Rey o técnico prefire esperar a que estea ao 100%.

Todos os que vaian saben que será “un momento, un campo e un equipo distinto ao de xornadas pasadas, pero terán as mesmas ganas de facer un gran papel e manter a boa liña”, asegura o técnico.

O equipo, directiva e corpo técnico están decididos a superar un novo reto e por iso desexan que a maior cantidade de público posible os veña a animar, aproveitando o día festivo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐑𝐝𝐏 Previa 🆚 RS Gimnástica🎥 𝐀𝐧𝐭𝐨́𝐧 𝐏𝐞𝐫𝐦𝐮𝐲 | 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨 🗣️ Adestrador e xogador analizaron o encontro deste domingo no Malecón⚽️ Falaron do estado do equipo, da dificultade da saída e das claves para seguir coa boa dinámica#rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏰ HORARIO confirmado para o último encontro da 1ª Volta na nosa casa 🩵🤍x16 🆚 Real Ávila CF 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo, 15 de decembro🕔 17.00 horas🎅 Patrocinado por Centro Comercial As Cancelas🎁🎄 Cada Abonado maior de 16 anos, pode retirar ONLINE (só por esta vía) unha invitación de balde para a súa mesma zona para este partido*🎟️ O Abono de Media Tempada inclúe este partidazo ✍️ sdcompostela.compralaentrada.com/* Non inclúe gastos de xestión (1€)#composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Lanzada a Campaña de Abonos de Media Tempada da SD Compostela🎯 Obxectivo 3.000 abonos🤝 Prezos incribles🔟 partidos (9 da 2ª Volta e o último da 1ª)💻 Abónate online aquí👉 sdcompostela.compralaentrada.com/🙌 Toda a ℹ️ 👉 sdcompostela.com/gl/2024/12/02/campana-abonos-media-tempada-24-25/#quérotecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.