Seguir coa xeira de resultados pasa por facerse fortes na casa

14 de Outubro de 2017
Yago Iglesias na rolda de prensa.
Yago Iglesias na rolda de prensa.

 

  • O Barco chega a San Lázaro tras vencer por 6-0 ao Barbadás.

  • O Compos quere lograr o récord de cinco vitorias consecutivas.

Santiago de Compostela, a 14 de Outubro de 2017.

A semana frenética chega ao seu fin esta fin de semana cun novo reto para a SD Compostela, xa que se enfrontará a outro candidato ao ascenso, un CD Barco que chega a San Lázaro despois de golear ao Barbadás.

O conxunto do Barco de Valdeorras, situado na cuarta posición, xa conseguiu romper o curso pasado o fortín de San Lázaro, polo que a tarefa será aínda máis complicada, ao que se suma o cansazo acumulado da semana.

O técnico santiagués define ao rival como un conxunto que “ten moita pólvora, moi desequilibrante do mediocampo para adiante e con xogadores doutra categoría”. Entre eles está Mitogo, dianteiro que regresa a Santiago tras xogar a primeira volta do curso pasado. “Mañá saudarémolo, pero esperemos que non faga un bo partido”, comenta Yago.

A gran dianteira do Barco, complica a tarefa defensiva nun campo como San Lázaro, o cal “é máis amplo e sempre haberá máis espazos, máis desaxustes”, pero, segundo apunta o adestrador, “desexamos ter un partido aquí con portería a cero”.

En canto ao once que poida sacar, o corpo técnico esperará a mañá para saber como está o equipo, aínda que asegura que “a xente está ben e xa demostramos o xoves que podemos tirar de rotacións”. Algunhas delas, como a variante de Álvaro Casas no posto de central, poderán verse de novo se as circunstancias o permiten. “É unha das variantes que podemos ter, pero non só esa, senón tamén con outros xogadores noutros postos, como o caso de Mon. Ao longo da semana, probamos situacións diferentes entre os 20 xogadores que temos, porque é un plantel curto e sempre se poden dar imprevistos e hai que anticiparse”, argumenta Yago.

Este plantel está desexoso de que chegue o domingo, xa que enfronte terán un rival como o Somozas, candidato ao ascenso, e por xogar en San Lázaro. Así, técnico e xogadores quixeron facer un chamamento á afección para que “estea co equipo, que anime, que axude porque queremos facer un gran partido ante un gran rival”.

Co público actuando como xogador número doce, o fortín de San Lázaro debe ser máis forte aínda e así axudar a superar este novo reto, que traería consigo un récord de triunfos con Yago Iglesias ao mando. Seguir coa xeira de resultados pasa por facerse fortes na casa.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Samu seguirá un ano máis de branquiazul©️ O mediocentro cumprirá a súa décima tempada no Compos co obxectivo de acadar o ascenso𝐒𝐚𝐦𝐮 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/19/samu-renovacion-capitan-compos/#samu2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Álex Cobo, novo gardián da portería da SD Compostela🧤 Chega ao Compos co obxectivo de acadar o seu cuarto ascenso𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐂𝐨𝐛𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/18/alex-cobo-porteiro-fichaxe-compos/#benvidoálexcobo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Uzal, novo xogador da SD Compostela🤝 O mediocentro coruñés chega desde Segunda RFEF e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐔𝐳𝐚𝐥 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/17/diego-uzal-sd-compostela-fichaxe/#benvidouzal ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐬Rabanillo e Diego non continuarán na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo vosa dedicación e traballo e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Pablo Antas e a SD Compostela separan os seus camiños⚽️ O mediocentro déixanos un legado de seis tempadas e 152 encontros, cun gol, en Balaídos, que será sempre recordadoMoitísimas grazas por todo, mago!O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/16/pablo-antas-compos-152-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.