Boa reacción da base

30 de Outubro de 2017
O equipo cadete con Pablo Barreiro nas súas filas.
O equipo cadete con Pablo Barreiro nas súas filas.
  • Cinco conxuntos conseguiron os tres puntos

  • O Alevín B sitúase segundo na clasificación da súa Liga.

  • O club quere desexarlle sorte e moito ánimo a Pablo Barreiro, xogador cadete lesionado no partido contra o Amio.

Santiago de Compostela, ao 30 de outubro de 2017.

As categorías inferiores da SD Compostela viviron unha fin de semana na que conseguiron reaccionar aos malos resultados da anterior xornada. Dos nove encontros disputados, cinco acabaron con vitoria, un empate e tres derrotas.

O filial branquiazul, volveu sumar, tras a súa derrota ante o líder, un empate a ceros na difícil visita ao Berres.

Peor sorte correu o Xuvenil de Liga Nacional que segue instalado nunha malaxeira e caeu nas Cancelas por 0-2 ante o Vitoria FC, un conxunto que está instalado nos postos de ascenso a División de Honra.

A primeira nota positiva chega co Xuvenil B que gañou na tarde do sábado ao SR Calo por 1-3. Xacobo Insua e Marcos Andrade puxeron o partido de fronte e, pese ao tanto visitante no 68, Xosé Carlos González sentenciaría no 83.

En canto ao Cadete, perdeu por 0-3 ante o Amio, aínda que o resultado quedou ao carón tras a lesión de Pablo Barreiro. O xogador lesionouse no brazo e tivo que ser operado onte dunha rotura de cúbito e radio na Rosaleda. Por iso, desexámoslle unha pronta recuperación e moito ánimo.

En infantís houbo un triunfo dobre. O A venceu por 0-4 ao Bastavales e afiánzase na parte media da táboa, mentres que o B superou por 3-1 ao Escola Estrada e sobe postos na clasificación.

Ese dobrete ampliouse tamén á categoría alevín. O equipo de primeira venceu por 4-3 ao La Salle, nun partido no que sempre estivo por diante no marcador, mentres que o B segue coa súa xeira triunfal e aúpase ao segundo posto, despois de gañar ao Conxo por 1-0, cun tanto no minuto 24.

Por último, o Benxamín segue sufrindo coa falta de efectivos e caeu por un gol a once ante o líder, o Xuventude Oroso.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.