O filial, Infantil B e Alevín B mantéñense nos postos de cabeza

6 de Novembro de 2017

Cadete Camiseta Pablo

  • Os cadetes e benxamíns sacaron mensaxes de apoio por Pablo Barreiro e Isaac, compañeiros lesionados.

Santiago de Compostela, a 6 de Novembro de 2017.

Tres vitorias en nove encontros. Este é a bagaxe das categorías inferiores do Compos nunha fin de semana no que tanto o equipo Cadete como o Benxamín acordáronse dos seus compañeiros Pablo Barreiro e Isaac, respectivamente, con mensaxes de apoio antes do comezo dos seus encontros. Ademais, no apartado deportivo, o Alevín B volveu demostrar o seu gran poderío na liga, na que marcha en segunda posición.

En primeiro lugar, o filial branquiazul volveu á senda do triunfo e fíxoo no derbi contra o Belvís. Nun encontro trabado e con moitas interrupcións, un gol desde fóra da área de Fer Carro no primeiro período foi suficiente para levar os tres puntos. O Zona Vella demostrou a súa gran solidez defensiva durante os 90 minutos, logrando unha importante vitoria que o achega aos primeiros postos.

En categoría xuvenil, o equipo de nacional segue sen romper a súa mala dinámica. Esta vez, na súa visita ao campo do Lourambal, caeu por 3-1 ante o Porriño Industrial. Tras o empate de Yago Torrente no 42, o segundo dos locais na última xogada do primeiro acto fixo moito dano aos branquiazuis, que xa non foron capaces de reaccionar e encaixarían o terceiro mediada a segunda parte.

Do mesmo xeito que os anteriores, o Xuvenil B perdeu o seu partido, nas Cancelas, contra o Oroso, cuarto clasificado, por 0-2. Os santiagueses aguantaron o empate ata a última media hora do encontro, momento no que se adiantarían os visitantes.

En canto ao Cadete, que sacou unha camiseta de apoio por Pablo Barreiro, operado de cúbito e radio esta semana, non puido dedicarlle o triunfo ao seu compañeiro, xa que caeron derrotados por 5-0 ante o Xuventude Oroso. O terceiro clasificado foi superior durante todo o encontro e así o reflicte o resultado final.

O terceiro clasificado da Primeira Infantil Grupo 5, o Bertamiráns, tamén foi o verdugo do Infantil A. Neste caso, o conxunto aurinegro levou os tres puntos das Cancelas tras unha clara vitoria por cero goles a seis.

Mellor sorte correu o Infantil B, que gañou por segunda xornada consecutiva. Os branquiazuis superaron ao Vista Alegre por 5-9, nun partido tolo no que os nosos nunca perderon a vantaxe no marcador desde o minuto un, momento no que chegou o primeiro tanto. Con este resultado, o infantil mantén o quinto posto na clasificación.

En categoría alevín, non houbo dobrete como a semana pasado, pero preto estivo. O equipo A empatou contra o Atlético Fátima a dous goles, na súa visita ao campo Paz Nogueira, mentres que o B goleou ao Vista Alegre por 0-6, triunfo que os mantén na segunda praza da clasificación, antes de descansar a próximo fin de semana.

Por último, o Benxamín, que tamén sacou unha pancarta de apoio ao seu compañeiro Isaac, lesionado nun brazo, perdeu contra o La Salle por 3-1, a pesar de poñerse por diante no marcador no primeiro minuto de xogo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Uzal, novo xogador da SD Compostela🤝 O mediocentro coruñés chega desde Segunda RFEF e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐔𝐳𝐚𝐥 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/17/diego-uzal-sd-compostela-fichaxe/#benvidouzal ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐬Rabanillo e Diego non continuarán na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo vosa dedicación e traballo e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Pablo Antas e a SD Compostela separan os seus camiños⚽️ O mediocentro déixanos un legado de seis tempadas e 152 encontros, cun gol, en Balaídos, que será sempre recordadoMoitísimas grazas por todo, mago!O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/16/pablo-antas-compos-152-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 days ago

SD Compostela
Álvaro Casas e a SD Compostela separan os seus camiñosDespedimos a unha lenda do club tras 8 tempadas e 262 partidos! ⚽️Moitísimas grazas por todo, capitán! ©️ O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/11/alvaro-casas-compos-262-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Pablo Crespo seguirá un ano máis liderando a defensa da SD Compostela🤝 O central renova por unha tempada, con opción a outra máis, co obxectivo de acadar o ascenso𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/06/pablo-crespo-renovacion-compos/#pablocrespo2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.