Rival duro para tentar manter a dinámica

26 de Xaneiro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://www.youtube.com/watch?v=_vICV0t8bJo&list=PLeD7xC8dIhGuC8l0ef-f-6H1lc0xFU3q6″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O 4-1 da primeira volta no campo da Magdalena foi a única derrota do  Compos de visitante.

  • Enfróntanse dous conxuntos cuns refachos moi positivos.

Santiago de Compostela, ao 26 de xaneiro de 2018.

O  partidazo da xornada na Terceira División medirá o domingo en San Lázaro a partir das 17 horas a dous conxuntos cunha gran xeira de resultados. Enfróntanse o primeiro clasificado contra o cuarto, primeiro equipo que gañou ao Compos na primeira volta e o único que o fixo no seu terreo de xogo.

Por tanto, no fortín branquiazul veremos a dous dos conxuntos que optan ao playoff de ascenso, os cales apostaron esta tempada pola continuidade, tanto dos seus xogadores como do corpo técnico. Esta fórmula serviu ao equipo de Óscar Gilsanz para rozar os postos de honra nas dúas últimas campañas.

“É un partido difícil, contra un rival con moito potencial e ‘supostamente’ directo, xa que todos os da categoría son difíciles. Non o consideramos unha final, pero unha vitoria si que nos pode permitir deixar un traballo encamiñado”, comentou Yago Iglesias en rolda de prensa.

A tarefa non será sinxela contra un rival que xa venceu aos nosos na primeira volta por 4-1. “Espero a un equipo moi similar ao da primeira volta, un conxunto moi solidario, cuxa fortaleza é o seu nivel defensivo e a partir de aí xera as súas ocasións”, argumentou o técnico branquiazul. Segundo o adestrador, “teñen xogadores de mediocampo para adiante que poderían estar en calquera equipo da categoría, con moito gol e con velocidade”.

Para contrarrestar este potencial, Yago poderá gozar por primeira vez no ano de todos os xogadores do plantel. Eles serán os encargados de pelexar por un novo triunfo, o que sería o oitavo consecutivo. “Hai que darse conta da situación idílica que estamos a vivir. Levamos desde o partido do Barco sen coñecer a derrota e sete xornadas seguidas gañando. É unha situación que ningún equipo foi capaz de facer e traballamos día a día para que a primeira derrota non chegue ou que o faga o máis lonxe posible”, analizou.

Aínda que estarán dispoñibles todos os xogadores, quen non será da partida será Yago, sancionado por segunda xornada consecutiva. “Durante o encontro sóbeste polas paredes porque non podes facer nada. Con todo, está todo traballado pola semana, coas posibles incidencias que se poidan dar e o corpo técnico que estea no banco xa sabe o que debemos facer”, dixo o adestrador.

Por último, Yago convidou a todo o mundo a asistir ao partido do domingo, aínda que coincida co Obradoiro. “O que veña a San Lázaro verá un partido moi atractivo, con dous rivais do playoff, e cantos máis sexamos axudará a que os xogadores noten a calor da súa afección”.

Co apoio do seu público, corpo técnico e xogadores esperan superar un novo reto que lles permita comezar con bo pe o complicado tramo de tempada que se aveciña. Será un rival duro para tentar manter a dinámica.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera 👉 Os nosos para mañá, coa primeira convocatoria para Vilela, tras recuperarse da súa lesión#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎯 #llaneracompos⚒️ Semana de traballo completada no Campo do Sergas🩵🤍 Estamos preparados para o encontro de mañá na herba artificial do Pepe QuimaránIremos con todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.