Sábado para gozar dos pequenos branquiazuis

1 de Febreiro de 2018

Nova fin de semana cargado de partidos no que regresa á competición os alevíns, pero por contra descansará o Infantil B.

O xuvenil de Liga Nacional tras dous empates consecutivos quere sumar de tres e para iso viaxará a Lugo para medirse ao CD Lugo B, nun encontro que se disputará o sábado ás 16.00 horas no campo da Fonte.

Pola súa banda, o equipo de Primeira Autonómica terá un duro envite contra o Atlético Riveira, primeiro clasificado da liga. Ambos os conxuntos enfrontaranse o sábado ás 16.00 horas no Municipal de As Cancelas.

O Cadete busca recuperar o bo camiño tras varios contratempos e o primeiro obxectivo marcado é superar este domingo ás 12.30 horas no Anexo Fieiteira ao Sálvora Cf.

En infantís, o A tamén se enfrontará ao Atlético Riveira, aínda que o seu caso de visitantes. O duelo arrincará o sábado ás 10.00 horas no Anexo Fieiteira. Mentres, o equipo B descansará esta xornada.

Volverá á competición os conxuntos alevíns. O A quere manter a súa boa clasificación no playoff e tentará superar ao Amio SD o sábado ás 12.00 horas no Municipal de As Cancelas. Tamén tenta aguantar nos postos de cabeza o B que se medirá ao Villestro SD o mesmo día e á mesma hora pero no Municipal de Santa Isabel.

Por último, o Benxamín quere sumar os seus primeiros puntos do playoff en Vedra. Enfrontaranse ao ED Val do Ulla no campo de O Coto, o sábado ás 11.00 horas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🌟🪄 Que maneira de estrearse!Dani González marcou os primeiros goles coa camiseta compostelanista en partido oficial 🩵🤍⚽️ Un dobrete (+1⃣ asistencia) fundamental para conseguir os tres puntos na casa📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.