Os benxamíns levan a alegría da fin de semana

5 de Febreiro de 2018
Os benxamíns celebran a vitoria ao término do choque.
Os benxamíns celebran a vitoria ao término do choque.
  • O equipo dirixido por David Uña conseguiu a primeira vitoria da tempada.

Santiago de Compostela, a 5 de Febreiro de 2018.

O equipo benxamín da SD Compostela foi o que levou a maior alegría da fin de semana dentro das categorías inferiores branquiazuis. O conxunto dirixido por David Uña conseguiu a primeira vitoria da tempada, sendo esta a única de todos os equipos da base.

O filial perdeu 3-2 na súa visita ao O Pino nun encontro no que sempre foi a remolque. Os locais adiantáronse no minuto 5, pero empataría A. Moure ao pouco tempo. Con todo, nun novo golpe local marcarían dous goles máis. Sergio Varela recortaría distancias no minuto 70, pero a pesar de contar con ocasións, o marcador xa non se movería.

Dun en un, o xuvenil de Liga Nacional segue avanzando na táboa. Os pupilos de Marcos Donnici sumaron o seu terceiro empate de forma consecutiva na súa visita ao CD Lugo. Marcos González adiantou aos nosos ao cuarto de hora, pero os lucenses empatarían á media hora e o resultado quedaría en táboas entre dous conxuntos que ocupan a zona media da clasificación.

Moito mérito tivo tamén o empate do xuvenil B, capaz de igualar a un tanto ante o líder destacado, o Atlético Riveira. Os branquiazuis encaixarían o gol nos primeiros minutos pero, tirando de oficio, igualarían co tanto de Marcos Andrade desde os once metros. Este punto permite aos santiagueses asentarse na zona tranquila.

Peor sorte ten o Cadete, quen non é capaz de saír da súa fochanca de resultados. Esta vez foi superado polo Sálvora por 4-0.

En infantís, o A perdeu por 3-2 ante o Atlético Riveira, nun duelo no que estivo por diante no marcador en boa parte do mesmo. Pola súa banda, o B descansou nesta xornada.

Baixando aos alevíns, o A sufriu a primeira derrota do playoff, logo de caer por 4-2 ante o Amio, segundo clasificado agora. Á súa vez, o B cedeu por seis goles a cero contra o líder, o Villestro.

Por último, a nota positiva da xornada chegou co triunfo por 4-6 dos benxamíns, quen conseguen a primeira vitoria no playoff e da tempada. Agora marchan sextos con eses tres puntos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmada a nova data para o encontro aprazado! ⚽️ 𝐗𝟐𝟎🆚 Club Juventud Cambados🗓️ Sábado, 28 de febreiro🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe completamos a semana de aniversarios co do noso picheleiro, Damián Noya 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐚𝐦𝐢𝐚𝐧!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, a pola vitoria na nosa casa🤝 Partido patrocinado por Jessica Fabeiro ⚽️ 𝐗𝟐𝟏🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso 🫁, Diego Uzal 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.