O Compos recibe a un rival reforzado

10 de Febreiro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://www.youtube.com/watch?v=UCdsBeVBqvY” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • A UD Barbadás é un dos conxuntos que máis fichou no mercado invernal.

  • Os branquiazuis buscan a súa décima vitoria consecutiva e a sexta en San Lázaro.

Santiago de Compostela, ao 10 de febreiro de 2018.

A SD Compostela regresa este domingo ao seu fortín coa intención de velo coas súas mellores galas. Grazas á promoción do club, o equipo espera que o público sexa ese xogador número 12 que os axude, unha xornada máis, a lograr outra vitoria, a que sería a décima consecutiva en Liga e a sexta en San Lázaro.

Recibirá a partir das 17.00 horas a un sempre complicado UD Barbadás, conxunto que a pesar de que non comezou o campionato da mellor maneira, reforzouse moito no mercado invernal e pelexa por saír dos postos de descenso.

“O ano pasado fixeron unha moi boa tempada, pero perderon a moitos xogadores veteranos, e este curso refixeron o equipo con xente nova, de fóra, que veñen probar sorte e facerse un nome na categoría”, analizou Yago Iglesias en rolda de prensa.

O técnico branquiazul quixo deixar claro que o Barbadás é “un rival máis da categoría” e que, tras o cambio de adestrador e as fichaxes invernais, dos que non teñen moitos datos, “conseguiron puntos que lle dan aire para pelexar pola permanencia”.

Por tanto, tras uns últimos encontros nos que os rivais foron da zona alta, o corpo técnico non quere relaxacións ante o enfrontamento contra un equipo que loita por obxectivos totalmente distintos. “Despois de dous partidos contra equipos de clasificación máis alta, non nos pode coller durmidos, non relaxarnos e sobre todo pola influencia que poden ter os tres puntos habendo enfrontamentos directos”, explicou o adestrador.

Para o domingo, a pesar de ter a todos os xogadores dispoñibles, non poderá contar con dous fixos nas últimas xornadas, Álvaro Naveira e Santi Gegunde. Deste xeito, terá que tirar de rotacións para tentar conseguir esta décima vitoria que supoñería igualar un récord histórico no club. Esta estatística é algo “que non nos quita o sono, pero se o logramos, benvido sexa, e loitaremos por alcanzalo”, detallou Yago.

Os dezaseis que finalmente sexan da partida pelexarán con todo por alcanzar esta simbólica vitoria en fronte da súa afección. O fortín de San Lázaro ten que ruxir ante a visita dun rival moi reforzado. Xuntos temos que dar outro pasiño para alcanzar o noso soño.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍🆚 RACING CLUB VILLALBÉS 🕡 18:30 horas🏟️ A Magdalena🎟️ Xeral: 15€ | Menores de 16 anos: Gratis🙌 A comezar con bo pe!! Todos xuntos a pola primeira cita deste play off!!#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso gran capitán, Samu 🩵🤍Moitos parabéns, capi!! A desfrutalo e que este novo ano veña con moitos éxitos para celebrar xuntos!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 De pequenos a maiores, co apoio de todos, a por este play offTodos xuntos conseguiremos o ascenso!!Imos con todo desde este sábado!! 💪💪💪📸 Nacho Castaño#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Neste Día da Ascensión, temos de aniversario ao noso mago, Parapar 🩵🤍Moitos parabéns!! Que veña acompañado dun ascenso!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧤 Con 28 goles encaixados e unha media de 0,0092 goles/minuto, o noso Álex Cobo foi o Zamora do Grupo 1 da Terceira RFEF🩵🤍 Parabéns, Álex!! A seguir así no play off!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.