Encontro trampa en Negreira

27 de Abril de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/I5610TQh_mY” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • A SD Compostela buscará unha nova vitoria no “derbi” do García Calvo.

Santiago de Compostela, a 26 de Abril de 2018.

A SD Compostela segue peregrinando cara ao seu novo obxectivo, terminar a liga no máis alto da clasificación, e para iso a próxima parada será o campo Municipal García Calvo, onde se enfrontará o sábado ás 18.00 horas á SD Negreira.

A pesar do que poida indicar a clasificación, será un partido moi igualado, como calquera outro derbi, con dous conxuntos que pelexarán duramente polos tres puntos para alcanzar os seus obxectivos marcados, un saír do descenso e o outro acabar no primeiro posto.

Por iso, Yago Iglesias convida a non confiarse, algo que teñen moi claro no plantell branquiazul. “Esperamos un partido moi disputado e complicado, estamos a unhas alturas nas que se están xogando o ano e apertarán moito”, explicou o técnico en rolda de prensa.

Debido ao calendario, con partido o martes, Yago foi máis aló e comentou que, a pesar de que o Negreira ten un partido contra un rival directo no festivo, “quedando catro xornadas teñen que sumar como sexa para saír, polo menos, do descenso directo”. Debido a isto, o adestrador agarda a un conxunto “que non vai expoñer, que esperará atrás e que todo o que sexa sumar será positivo para eles”.

As circunstancias do choque provocan que o Compostela tente expor “un partido longo e que a partir de que pasen os minutos as liñas se vaian abrindo, xa sexa porque reciben un gol ou porque esteamos a xogar con moita mobilidade”, analizou un técnico que volverá sentar no banco tras dúas semanas sancionado.

Outro obxectivo para cumprir será comezar o partido gañando, xa que nas últimas saídas os conxuntos locais puxéronse por diante no marcador nos primeiros compases. “Os equipos aproveitan para saír moi metidos e despois gardar a roupa e, aínda que fomos capaces de igualar ou gañar, temos que manexar iso e despois ter paciencia”, asegurou Yago, quen ten a todos os xogadores á súa disposición, excepto Diego Rey.

Estas serán as claves para superar a un conxunto “moi aguerrido, sobre todo defensivamente, que non se parece en nada ao da primeira volta”, segundo as declaracións do adestrador ribeirense. Ademais, os branquiazuis terán moi en conta “o perigo arriba de Quintairos, quen marca as diferenzas na área e preto dela, e as xogadas a balón parado”.

Cumprir con todo isto será vital para superar este novo reto e achegarse un paso máis cara ao obxectivo. Para iso, o equipo espera contar no García Calvo co apoio da afección, vital en todas as saídas da tempada.

Convocatoria:

Lucas, Lorenzo; Saro, Cardeñosa, David Uña, Álvaro Casas, Naveira; Samu, Ube, Tomás, Alberto, Róber, Álex Ares; Sobrido, Santi e Primo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.