Saro: “Non podemos volvernos tolos, porque o importante é non encaixar”

6 de Xuño de 2018
  • O lateral comenta que a idea é ser, como mínimo, o Compostela de San Lázaro

Santiago de Compostela, a 6 de Xuño de 2018.

A SD Compostela volveu esta tarde ao traballo coa mente posta na final do domingo ás 20.00 horas en San Lázaro. O equipo descansou dous días, os cales lles permitiron descansar a cabeza e encarar con ganas e confianza o duelo contra o Terrassa FC.

“Despois de dous días temos a cabeza limpa. O luns estabamos algo afundidos, pero co paso do tempo os sentimentos tornáronse en esperanza e confianza”, explicou Saro.

O lateral comentou que o outro día afectoulles o estado do terreo de xogo, algo que agora esperan que se reverta. “Estaba moi mal, notábase que tiña moitos anos e moita rodaxe, parece mentira que un campo de tanta capacidade non o arranxen, pero hai que adaptarse ao que nos toca e se a nós nos custou, agora serán eles os que sufran”, analizou.

A principal consecuencia ao cambiar da superficie habitual, segundo Saro, está no cansazo. “O músculo non está adaptado e chegas máis canso ao final do partido”, argumentou. Por esta razón, o equipo sabe que non deben saír como tolos. “Se se pode marcar canto antes, mellor, pero o importante é non encaixar, correr e loitar para que acabe entrando o primeiro”, sinalou.

A idea pasa por ser o Compostela de sempre, pensa Saro. “Debemos xogar, como mínimo, como nos partidos de liga de locais, xa que marcamos moitos goles, encaixamos poucos e xogamos moi ben”, dixo o lateral dereito.

En canto ao árbitro, o santiagués considera que non están a ter sorte e que lles estrañou que o domingo, cometendo moitas menos faltas, levasen máis cartóns. “Parece que non temos a sorte do noso lado, polo que teremos que ir buscala…e o domingo imos a por ela”, sentenciou.

Con este obxectivo, o primeiro paso será encher San Lázaro. “Espero que veña moita afección, necesitamos a súa axuda para que lles fagan sufrir e para que nos dean ese alento necesario cando non esteamos no mellor momento”, finalizou un Saro que desexa que a bancada se encha máis que contra o RCD Espanyol B.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

41 minutes ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.