Anxo Pérez preséntase como novo xogador do Compos en Laucreaciones

5 de Xullo de 2018
Marcos Sanmartín (esquerda), Anxo Pérez e Javier Puñal.
Marcos Sanmartín (esquerda), Anxo Pérez e Javier Puñal.
  • A nova fichaxe declarou que pelexarán por xogar o playoff, repetindo a tempada positiva do curso pasado

Santiago de Compostela, a 5 de Xullo de 2018.

Anxo Pérez xa se fotografía como xogador branquiazul. A sede de Laucreaciones, un dos patrocinadores da SD Compostela que renova o seu convenio para o próximo curso, serviu de lugar para que o novo porteiro se presentase ante os medios de comunicación como xogador santiagués.

Acompañado por Marcos Sanmartín, xerente de Laucreaciones, e Javier Puñal, director de marketing do club, Anxo declarou que se sente moi feliz de chegar a un club como o Compos e que ten moitas ganas de que empece a pretempada, xa que leva desde o 13 de maio sen competir.

“As instalacións, San Lázaro é o mellor campo de Terceira, a afección e a historia, son razóns que tiran á hora de fichar polo Compos”, explicou Anxo Pérez.

Con todo, por encima destas razóns, o que máis pesou á hora de asinar foi o proxecto que ten en marcha o equipo santiagués. “O que me chamou para fichar é tentar repetir a tempada positiva que fixeron o ano pasado e pelexar, sobre todo, por xogar o playoff, no que co paso do tempo xa veremos en que posición se chega ás últimas xornadas”, comentou o novo porteiro.

Do equipo, Anxo ten a sorte de coincidir con varios deles, o que lle axudará a integrarse neste gran grupo. “Coñezo a varios compañeiros de coincidir con eles, como Naveira, Pereira, Samu, Mon e Albertiño, que é un mozo que coñezo desde pequenos”, relatou.

Co que non coincidiu foi con Lorenzo, rival por un posto na portería de San Lázaro e co que augura unha competición sa. “O día a día, con cada adestramento, será onde se decida quen se gaña o posto”, concluíu o meta de Negreira.

Antes, Javier Puñal quixo agradecer o apoio de Laucreaciones, entidade que cumpre xa o seu oitavo curso patrocinando ao club. “Desde a directiva traslado o agradecemento por contar con Laucreaciones como patrocinador oficial do club, saíndo na camiseta. É unha empresa xa da familia e esperamos manter esta vinculación moitos anos máis”, dixo o director de marketing.

Pola súa banda, Marcos Sanmartín agradeceu a decisión do Compostela de escoller á súa empresa para a presentación dun novo xogador e recoñeceu o labor do equipo ata a data. “Hai que recoñecer a excelente tempada que fixo o club, non só por rematar primeiro do grupo e quedar a piques de en o playoff, senón polo movemento importante de masa social que se apreciou nas últimas semanas e quero darlle o parabén por ese complicado obxectivo”, sentenciou.

Ademais, engadiu que espera que esta tempada se faga un pouco mellor para acabar co soño do ascenso, cunhas bases que semella que van polo bo camiño. “A boa condición física que se evidenciou no campo, está a demostrarse agora nos despachos, incorporando a futbolistas da talla de Anxo. Quero desexarlle sorte ao club e seguiremos “Peregrinando cara un soño” co Compostela”, rematou Marcos, con esta referencia ao lema da entidade branquiazul.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.