Rubén seguirá percutindo pola banda de San Lázaro un ano máis

5 de Xullo de 2018
  • O extremo renova por un ano coa SD Compostela

Santiago de Compostela, a 5 de Xullo de 2018.

Rubén Martínez renova a vinculación da SD Compostela por un ano. O extremo de Catoira seguirá xerando perigo polas bandas de San Lázaro un curso máis, no que tentará dar ese último paso que non acabaron logrando esta tempada pasada.

O xogador de 23 anos, coa firma, cumprirá a súa terceira campaña ás ordes de Yago Iglesias, adestrador que confiou nas súas calidades para fichalo hai dous veráns, procedente do Arosa SC.

Á súa rapidez e as súas capacidades para chegar liña de fondo e centrar, Rubén sumoulle este ano un maior acerto cara a portería rival, logrando cinco tantos ao longo do curso.

Sen dúbida, esta última campaña foi a da consagración para o extremo branquiazul, disputando 27 partidos de liga, 16 deles de titular, e outros catro, todos saíndo de inicio, no playoff de ascenso, no que se destacou polas súas grandes actuacións ante o Terrassa e o Salmantino, sumando unha asistencia no Estadio Helmántico.

Anteriormente, na súa primeira tempada en Santiago, Rubén disputou dezanove encontros, doce de titular, nos que anotou un tanto e xa deu mostras da calidade que atesoura.

A fortuna que lle faltou para que o seu golpeo na final acabase no fondo da rede e non estrelado no traveseiro, espera que lle sorría esta nova campaña para acabar logrando o ansiado ascenso de categoría.

Tras a súa firma, o extremo comentou a súa enorme felicidade de seguir no Compos. “Estou moi contento por seguir un ano máis neste proxecto e espero que esta tempada volvan saír as cousas ben e podamos darlle moitas alegrías á nosa afección, conseguindo os obxectivos marcados”, explicou o extremo.

Con Rubén, o plantel do Compos vai collendo máis forma. Ata a data, son xa catorce os xogadores que teñen contrato coa entidade, con doce que repiten experiencia.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.