Adrián López: “O Compos é un club moi profesional, bastante superior á categoría”

8 de Agosto de 2018
Ramón Salgado, xerente de Limpiezas Salgado, e Adrián López ‘Piscu’.
Ramón Salgado, xerente de Limpiezas Salgado, e Adrián López ‘Piscu’.
  • O central das Pontes agarda facer un bo papel e que o equipo ascenda

Santiago de Compostela, a 8 de Agosto de 2018.

Adrián López Rodríguez ‘Piscu’ foi presentado esta mañá como novo xogador da SD Compostela. Tras dúas semanas adestrando co equipo, e o seu debut no amistoso contra o Pontevedra, o central branquiazul pasou revista diante dos medios de comunicación na sede de Limpiezas Salgado, no Polígono Novo Milladoiro.

Acompañado por Manu Castiñeiras, director deportivo da entidade santiaguesa, e de Ramón Salgado, xerente da empresa de limpeza, Piscu comentou que se sinte moi cómodo no seu regreso a Galicia, onde comezará unha nova etapa na súa vida.

“Comezo unha nova etapa. Empecei no Deportivo, despois estiven no estranxeiro oito anos e agora apetecíame volver e arrancar outro plan de vida no que vou estudar un máster en xestión deportiva”, explicou o defensa das Pontes.

Baixo estas circunstancias, a oferta do Compos era a perfecta, segundo di, para cubrilas polo que se decantou polo equipo da capital galega. A súa chegada, Piscu atopouse “un club moi profesional, bastante superior á categoría e no que as expectativas son moi boas tanto no aspecto deportivo como no persoal, cun gran ambiente e nivel futbolístico”, asegurou.

Así, as sensacións son moi boas dentro dun grupo fantástico co que agarda cumprir as metas propostas. “Hai que traballar para volver a pelexar por ascender ao equipo. Por nome, somos o terceiro club de Galicia, cunhas instalacións moi boas e unha afección incrible, polo que oxalá volvamos pronto á Segunda B”, relatou.

No apartado persoal, Piscu cre que pode aportar, en primeiro lugar, traballo e sacrificio, xa que é o mínimo que se lle pode esixir a un xogador. “Os resultados acompañarán ou non, pero o primeiro é traballar día a día para convencer ao adestrador”, dixo.

Dentro desa labor diaria, o defensa asegura que terá unha competencia moi san cos seus compañeiros de posto, Álvaro Casas e David Uña, xa que “ese traballo beneficiase o equipo”. O que si ten claro é que, no esquema de Yago Iglesias, vese so como central, malia que non terá problema en cubrir algunha baixa, se fai falla, nalgún dos laterais, onde xogou noutras etapas da súa carreira.

Precisamente, debido a ese longo recorrido poderá aportar experiencia a un grupo de xogadores novos, malia que asegurou que pese a súa idade, son todos moi maduros. Por iso, cre que estarán máis preparados para os pequenos detalles que marcan unha liga e un playoff.

Por último, citando unha satisfacción moi grande por regresar a súa terra, xunto a súa familia, as primeiras sensacións que tivo dentro do terreo de xogo, no partido do pasado sábado, “foron moi boas”, concluíu.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.