Preparados para o pistoletazo de saída

20 de Agosto de 2018
Os xogadores na presentación en Los Ángeles Gas acompañados polos empleados.
Os xogadores na presentación en Los Ángeles Gas acompañados polos empleados.
  • Mon, Naveira, Ube e Lorenzo foron presentados esta tarde na gasolineira do Polígono de Costa Vella de Los Ángeles Gas

Santiago de Compostela, a 20 de Agosto de 2018.

Despois dunha intensa pretempada cargada de partidos, a SD Compostela está preparada para o pistoletazo de saída da Terceira División. Catro dos xogadores que manteñen o bloque branquiazul, Mon Vives, Álvaro Naveira, Álex Ubeira e Lorenzo Riveiro mostran o seu optimismo para un comezo ligueiro no que debutarán en San Lázaro contra o Polvorín FC.

Os catro renovados analizaron esta tarde o comezo ligueiro na gasolineira do Polígono de Costa Vella de Los Ángeles Gas, onde estiveron acompañados por Javier Puñal, director de márketing do club, e algúns dos empregados da entidade santiaguesa. Este grupo seguirá apoiando ao club un ano máis, cun convenio como distribuidor único de combustible no que os abonados, despois de darse de alta nas oficinas da SD Compostela, terán un desconto de 3 céntimos por litro de gasolina e gasóleo a domicilio.

En primeiro lugar, o directivo branquiazul agradeceu a axuda que achega esta compañía á entidade, apostando por un proxecto que segue a súa filosofía unha tempada máis. Ademais, convidou aos abonados a darse de alta para gozar do desconto nas oito gasolineiras que ten a empresa na comarca.

A continuación, o primeiro en falar foi o primeiro capitán por terceiro curso consecutivo, Mon Vives. Para o líder do vestiario, a pretempada deixou “moi bos resultados, cun equipo preparado e con ganas para o inicio ligueiro”, comentou.

Ao seu modo de ver, o plantel “é igual de competitivo, con maior experiencia e mesmo máis equilibrado en certos aspectos”.

Pola súa banda, Álvaro Naveira, no seu segundo ano en Santiago, adiantou que o equipo “está a adestrar aspectos novos para esta tempada co obxectivo de que saia todo ben”.

A pesar de que cita ao Racing ou ao Bergantiños como equipo feitos para gañar a liga, coa incorporación das novas fichaxes cre que teñen diferentes posibilidades para non xogar só a unha cousa senón ter variantes.

En terceiro lugar, Álex Ubeira ‘Ube’ explicou que, a pesar de ter escaso tempo de vacacións, o período estival “non foi tan duro, senón que serviu para recuperar sensacións, coller confianza e capacidade pulmonar, sobre todo, para a metade do campionato”. Nel, ao mediocentro vigués gustoulle a posibilidade de ter bastantes partidos amigables, xa que prefire máis competir en pretempada que ter tantos adestramentos.

A nivel persoal, afronta este curso coa intención de “xogar o máis posible, ser un xogador importante e coidarme máis que o ano pasado para non cometer os mesmos erros”. Será un ano ademais onde disputen a Copa do Rey, unha competición que significa “un incentivo, a pesar dunhas viaxes que che poden lastrar a planificación semanal, xa que é un escaparate tanto a nivel individual como de club”, finalizou.

Por último, Lorenzo Riveiro, que esta campaña competirá pola titularidade con Anxo Pérez, considera que a pretempada serviu para “xogar grandes partidos contra rivais moi bos, cun gran ritmo de xogo e con aspectos que veremos ao longo da tempada”.

Dos novos, relatou que lles permiten apostar tamén polas  contras e ser máis polivalentes, co reto máximo de igualar o realizado o curso pasado. No persoal, só controla o  controlable: “Traballar duro para facerse co posto e que sexa o míster o que decida”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
⏰ HORARIO confirmado para a seguinte xornada 🩵🤍x23 🆚 UM Escobedo 🏟️ Estadio Eusebio Arce🗓️ Domingo, 16 de febreiro🕛 12.00 horas#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O partido contra o Club Marino de Luanco será benéfico a favor do Banco de Alimentos de Santiago (BALRIAL Santiago)🎟️ Todas as persoas que entreguen produtos non perecedoiros no acceso ao Estadio accederán de balde🙌 Animamos tamén aos abonados a participar nesta iniciativa#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👨‍⚕️ 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄́𝐃𝐈𝐂𝐎⚽️ Diego GonzálezTras Resonancia Magnética, os servizos médicos do club detectaron unha nova rotura no meniscal que require tratamento cirúrxicoO xogador será intervido na maior brevidade posible💪 Moito ánimo, Diego! Volverás máis forte!📸 Nacho Castaño 👨‍⚕️ Dr Adrián Gallego Goyanes - Traumatología Deportiva y Cirugía Ortopédica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario a nosa última fichaxe, 𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐏𝐞́𝐫𝐞𝐳 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Carlos!⚽️ Benvido a Compostela e que o celebremos con moitos éxitos xuntos#benvidocarlospérez🩵🤍 𝐅𝐈𝐂𝐇𝐀𝐗𝐄💪 Carlos Pérez, novo xogador da SD Compostela!⚽️ O mediapunta chega libre e firma ata final de tempada𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐏𝐞́𝐫𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2025/02/04/carlos-perez-refuerzo-calidad-compos/#BenvidoCarlosPérez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.