Tres puntos para iniciar unha “semana de Champions”

1 de Setembro de 2018
Momento do segundo tanto de Brais Abelenda, nun partido patrocinado por Composcar. Foto: Amadeo Rey.
Momento do segundo tanto de Brais Abelenda, nun partido patrocinado por Composcar. Foto: Amadeo Rey.
  • Gran vitoria branquiazul con goles de Sergio Pereira, Brais Abelenda e Aythami

Santiago de Compostela, a 1 de Setembro de 2018.

Comezou setembro en San Lázaro como terminou agosto, con vitoria clara dunha SD Compostela que segue mantendo a portería a cero. Nunha “semana de Champions”, os nosos non puideron arrincar con mellor pé xa que venceron ao Céltiga por 3-0 na segunda xornada de liga para sumar dous de dous.

Sergio Pereira e Brais Abelenda, ambos coa cabeza, deixaron o partido cun gran resultado ao remate da primeira metade, e Aythami, co seu primeiro gol ligueiro como branquiazul, sentenciou aos vinte minutos da segunda.

O partido en San Lázaro comezou con dous esquemas moi marcados. Por unha banda, o Céltiga repregábase e buscaba saídas á contra. Polo outro, o Compos tentaba achegarse á portería de Marcos coa posesión do balón. Así, con dous conxuntos moi traballados, as ocasións empezaron a chegar.

Por parte visitante, Pablo fixo intervir a Lorenzo nun gran lanzamento de falta que se coaba pola escadra, Canhoto mandou fóra un balón morto na frontal e Cano, coa zurda, enviou un potente disparo á parte superior do traveseiro.

Mentres, o Compos avisou primeiro nun balón ao pau de Aythami, nunha acción na que o punta canario adiantouse á súa marca. Despois, Álex Ares case marca de gol olímpico e, á terceira, acabou chegando o tanto. Xogada de banda a banda, na que Aythami recibe na esquerda, centra raso, Santi remata ao traveseiro e, no rexeite, Sergio Pereira aparece para marcar coa cabeza o primeiro da tarde.

E quince minutos despois, o segundo, nunha nova xogada que tivo a Sergio Pereira como protagonista. O lateral aguantou o balón na liña de fondo e cando considerou que era o momento oportuno puxo un caramelo no punto de penalti para a entrada de Brais Abelenda, quen rematou con todo de cabeza para superar ao porteiro visitante.

O resultado era amplo, pero había que pechalo na segunda metade e por iso os nosos saíron en tromba desde os vestiarios. Avisaron cunha dobre oportunidade na que Aythami non chegou por milímetros ao centro de Santi e Brais, a continuación, mandou o seu disparo un tanto arriba, e sentenciaron no 65, co terceiro da tarde.

Marcos Remeseiro puxo o balón ao espazo para a carreira de Miki, que acababa de entrar ao campo, o extremo gañou a disputa e deixou o esférico para que Aythami marcase a pracer coa súa perna esquerda. O punta canario anotou así o seu primeiro gol en liga.

Pese ao tanto, os nosos seguiron incidindo na portería de Marcos e Naveira, incorporado ao ataque nas xogadas a balón parado, puido marcar ata en dúas ocasións.  Primeiro mandou o balón, desde o chan, rozando o pau e despois un rival despexaría o seu remate baixo a liña.

Con este gran resultado, a SD Compostela encara con ilusión a emocionante primeira rolda de Copa do Rey na que se medirán o mércores ao CD Mensajero na Palma. Ademais, na Liga, os branquiazuis non puideron iniciar de mellor maneira a defensa do campionato. Dúas vitorias, cinco goles a favor e ningún en contra. Boas primeiras etapas nesta peregrinación cara a un soño.

FICHA TÉCNICA:

3- SD Compostela: Lorenzo; Sergio Pereira, Piscu, David Uña, Naveira; Mon (Ube, m.56), Marcos Remeseiro (Josiño, m.68); Álex Ares, Santi, Brais Abelenda (Miki, m.62); e Aythami.

0- Céltiga FC: Marcos; Santi, Emilio, Capi, Cantero; Diego, Pablo; Nico (David, m.76), Canhoto, Álex; e Cano (Nathan, m.61).

Goles: 1-0: Sergio Pereira, min.29; 2-0: Brais Abelenda, min.43; 3-0: Aythami, min.65.

Árbitro: Cives Enjo, colexio coruñés. Amoestou a David Uña, Mon e Josiño, polos locais; e a Capi e Nathan, polos visitantes.

Incidencias: Partido da segunda xornada de liga da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 750 espectadores. A SD Compostela estreou a súa primeira equipación para esta tempada.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
𝐌𝐀𝐓𝐂𝐇𝐃𝐀𝐘 🩵🤍🙌💪 A POLO DERBI!x11 🆚Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo 🕔 17.00🏟️ As Eiroas🎟️ Entradas 👉 15€ (Despacho de Billetes)📺 En Xogo #bergancompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 🆚 @berganfc_escolaslcs📋 @antonpermuy🩵🤍 Lista dos nosos para o derbi de mañá en Carballo ✅️ Volve Pablo Antas ❌️ Quedan fóra por lesión Diego e Hugo Matos; e Giuliano por sanción #bergancompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🏆 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋 #CopaRFEF 🙌 QUEREMOS A COPA!🆚 CD Extremadura🔜 13 de novembro🕗 20.00🏟️ Francisco de la Hera #extremaduracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐑𝐝𝐏 Previa 🆚 Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo 🎥 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧 𝐏𝐞𝐫𝐦𝐮𝐲 | 𝐎𝐜𝐚𝐧̃𝐚 🗣️ Adestrador e xogador analizaron o derbi deste sábado nas Eiroas⚽️ Falaron da recuperación física do equipo, a confianza lograda coas vitorias e apuntaron as claves do partido#bergancompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🏆 XA TEMOS RIVAL PARA A FINAL DA #CopaRFEF⚽️ Medirémonos a próxima semana ao @cdext1924🗓 13 de novembro 🏟 Francisco de la Hera#extremaduracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.