Primeira saída da tempada

8 de Setembro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/lTNxmbzwzI4″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos visita mañá ao Alondras en plena ‘semana de Champions’

Santiago de Compostela, a 8 de Setembro de 2018.

A SD Compostela viviu un inicio ligueiro con dous partidos en San Lázaro por circunstancias puntuais. Dúas vitorias para comezar con gran pé e afrontar con ambición a primeira saída do ano, unha visita ao Alondras CF que se atopa inmersa en plena ‘semana de Champions’ para os nosos.

Co obxectivo de seguir co inmaculado comezo de tempada, ao que se uniu tamén o pase á segunda rolda da Copa do Rey, Yago Iglesias viaxará con todos os xogadores ao 100 % ao campo do Morrazo, un estadio de herba sintética pero que destaca polo seu gran coidado e as súas boas dimensións.

Este encontro chega cun Compos que, debido ao torneo do KO, non puido adestrar como quixera o seu corpo técnico. “Seguimos na liña de pretempada de competir mércores e domingo, polo que onte demos o día libre e a seguinte será distinta tamén para descansar para o que resta de liga”, explicou Yago Iglesias.

Con todo, os branquiazuis terán que mostrar de novo a súa mellor cara se queren superar a un Alondras que non comezou con moi bo pé e que quere asomar a cabeza canto antes. “A pesar de empezar perdendo, ambos pola mínima, son un conxunto moi intenso, sobre todo na súa casa, un campo sintético no que se pode xogar ben, pero no que teñen moito oficio e gol, con xente arriba como Mauro”, analizou o técnico.

O corpo técnico santiagués ten moi claras as armas que presentarán os cangueses, despois de analizalos nas súas dúas primeiras xornadas. “Seguen co mesmo adestrador, polo que manteñen a liña continuísta. Fóronselles dous ou tres xogadores importantes, como Aran, pero tamén fixeron boas fichaxes”, relatou.

Ademais, este ano, os equipos locais motivaranse aínda máis ao medirse ao Compos, xa que son os actuais campións da competición. Así, Yago avisa que hai que ir coas orellas de punta, malia que asegura que ve a todo o equipo metido. Esta concentración demóstrase, por exemplo, en que mantiveron a portería imbatida ata a data. “É unha mostra máis de que imos evolucionando. Seguimos xerando, marcando, pero o manter a meta a cero era unha conta pendente e insistimos moito niso para ser máis compactos e sólidos, a pesar da mocidade dos rapaces”, concluíu o adestrador.

Mercé a esa confianza, o equipo espera seguir coa súa serie inmaculada na liga. Será unha visita complicada, pero os nosos agardan, coa axuda do centenar de afeccionados branquiazuis que se despracen, sacar unha vitoria do campo do Morrazo.

CONVOCATORIA

Lorenzo, Anxo Pérez; Sergio Pereira, Álvaro Casas, David Uña, Piscu, Naveira; Mon, Marcos Remeseiro, Ube; Miki, Josiño, Álex Ares; Brais Abelenda Santi e Aythami.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.