A SD Compostela busca levantarse con forza

26 de Outubro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/hB8tHzH2SFA” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Os branquiazuis queren volver á senda do triunfo tralos dous puntos colleitados no ‘Tourmalet’

Santiago de Compostela, a 26 de Outubro de 2018.

A SD Compostela quere recuperar as boas sensacións en liga e levantarse con forza tras colleitar dous puntos no ‘Tourmalet’. Os nosos, tras catro semanas sen coñecer a vitoria, están a desexar que o bo xogo mostrado no campo se vexa reflectido nos resultados. Para iso, viaxarán este domingo pola mañá ao Campo do Lourambal co único obxectivo de regresar á senda do triunfo.

“Temos moitas ganas de que chegue o domingo para volver á senda dos tres puntos. É un partido importante, porque o noso nivel de xogo e o que facemos nos 90 minutos para gañar vai na boa liña, pero pagámolo nos metros finais”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Así, esta semana, o corpo técnico salientou que nos datos recollidos nas últimas xornadas, nas que o equipo non logrou a vitoria, xerou moitas ocasións. “Por exemplo, contra o Bergantiños, tivemos un total de 25 posibilidades de finalización, polas 8 do rival, e xa sabemos o resultado”, analizou, polo que a clave, apuntou, pasa por sacar maior rendemento ás opcións propias e evitar que os rivais leven tanto premio das poucas que xeran.

Este reforzo aos xogadores chega nunha semana na que o equipo terá que volver a viaxar, esta vez, ante un Porriño Industrial que vén de lograr o seu primeiro triunfo. “Trátase dun desprazamento fóra, que sempre é complicado, ante un conxunto que gañou o seu primeiro partido e que saíu dos postos de descenso. Ademais, na súa casa non perdeu e seguro que teñen os ánimos moi altos para recibirnos”, comentou o técnico.

Por este motivo, o que máis lle preocupa a Yago Iglesias do seu próximo rival é o seu estado anímico. “Son un recentemente ascendido, sen nada que perder e que, como todos en Terceira, contra nós, irán ao 200 %”, apuntou. Estas circunstancias e enfrontándose no Campo do Lourambal, levan ao adestrador branquiazul a pensar que os estarán agardando co coitelo entre os dentes, polo que avoga por “saír cun ritmo alto para contrarrestar ese impulso”.

Outro factor para ter en conta será o madrugón que se terán que pegar pero, malia que non estean habituados, “benvido sexa se se repiten os resultados do curso pasado”.

O domingo, O Lourambal debe ser un punto de inflexión para que o Compostela se levante con máis forza e regrese á senda do triunfo. O plantel teno claro e agora só queda que a afección se desprace en masa, unha vez máis, para poder contar con ese apoio extra que axuda a lograr os obxectivos.

REY_4846

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
Álvaro Casas e a SD Compostela separan os seus camiñosDespedimos a unha lenda do club tras 8 tempadas e 262 partidos! ⚽️Moitísimas grazas por todo, capitán! ©️ O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/11/alvaro-casas-compos-262-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 days ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Pablo Crespo seguirá un ano máis liderando a defensa da SD Compostela🤝 O central renova por unha tempada, con opción a outra máis, co obxectivo de acadar o ascenso𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/06/pablo-crespo-renovacion-compos/#pablocrespo2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐬Fer Cano, Ocaña e Carlos Cinta non continuarán na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo voso traballo e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐬Santi de Prado, Markitos, Carlos Pérez, Fausto Tienza, Bruno Scorza e Selasi non continuarán na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo voso traballo e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
➕1⃣ 📣 Secho renova por unha tempada coa SD Compostela👉 Será tamén o novo responsable da configuración do plantel do primeiro equipo𝐒𝐄𝐂𝐇𝐎 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/27/secho-renova-compos-1-ano/#secho2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.