Catro líderes branquiazuis seguen con paso firme

25 de Febreiro de 2019

Resultados-25-Febreiro

  • Golpe de autoridade do Cadete A ao superar 0-2 ao Amio, segundo agora a 9 puntos

Santiago de Compostela, a 25 de Febreiro de 2019.

Os catro equipos da base da SD Compostela que marchan de líderes nas súas respectivas clasificacións seguen a súa traxectoria con paso firme. Especialmente destacado foi o golpe de autoridade do Cadete A, superando ao segundo clasificado e aumentando a súa renda os 9 puntos. Os outros primeiros clasificados son, en fútbol 8, o Benxamín A, o Prebenxamín B e o Biberón.

Pola súa especial transcendencia, en primeiro lugar, destacamos ese triunfo do Cadete A contra o Amio SD. Os branquiazuis superaron a final que tiñan por diante no Campo do Sergas cun sobresaínte. Nun partido moi serio, os nosos venceron por 0-2, con goles de Xoel Caamaño, no 26, e de Christian Fernández Barbazán, no 70. Cos tres puntos, o equipo ascende ás 70 unidades, co gol average gañado e nove de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, malia que cun partido máis.

Outro importante triunfo que nos deixou o domingo foi o do Zona Vella no derbi contra o Atlético Fátima. O filial redimiuse do partido da primeira volta cunha vitoria que chegou no minuto 88. Pese ao 2-0 inicial para os locais, os branquiazuis déronlle a volta ao marcador cos tantos de Sergio Cea, Anxo García e Iván Varela. Con todo, o Fátima volveu empatar no 84, pero Isaac Trillo levou o delirio a dous minutos para a conclusión, certificando uns tres puntos que nos manteñen sétimos.

En xuvenís, descansou o A polas seleccións, pero si xogou un Xuvenil B que logrou un meritorio empate contra o Noia, cuarto clasificado. Marcos Andrade marcou a sete para a conclusión, pero os nosos cederon, de novo, dous puntos no último minuto.

A diferenza do equipo de Primeira Autonómica, o Cadete B non puido continuar coa súa boa xeira do 2019, logo de caer 4-1 na súa visita ás ED de Vedra. Zubo Yang adiantou aos branquiazuis no minuto ún, pero os locais acabaron remontando. Do mesmo xeito, o Infantil A cortou o seu bo facer neste ano cunha derrota por 6-0 contra o Bertamiráns.

Dentro das categorías de fútbol 8, coa maioría dos equipos inmersos nas segundas fases dos campionatos, os resultados foron dispares. O Alevín A, segundo clasificado no playoff, perdeu pola mínima, 1-0, ante o Escola Estrada, líder da táboa. Este mesmo resultado, pero ao seu favor, logrouno o Alevín B contra o Milladoiro.

Baixando de categoría, o Benxamín A empatou (0-0) contra o Atlético Fátima, segundo clasificado, polo que mantén a vantaxe de dous puntos no playoff. Pola súa banda, o Benxamín B perdeu contra o Villestro.

Nesta segunda fase, o Prebenxamín A caeu contra o Amio, mentres que o Prebenxamín B superou ao Touro para seguir cunha clara vantaxe no liderado. E por último, o Biberón subiu ao primeiro posto da clasificación ao gañar ao La Salle, na estrea da segunda volta da Segunda División.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🌟🪄 Que maneira de estrearse!Dani González marcou os primeiros goles coa camiseta compostelanista en partido oficial 🩵🤍⚽️ Un dobrete (+1⃣ asistencia) fundamental para conseguir os tres puntos na casa📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.