Segunda etapa: visita a un histórico

1 de Marzo de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/sH41HZmxfDk” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos busca unha nova vitoria ante o Arousa para seguir enganchado aos líderes

Santiago de Compostela, a 1 de Marzo de 2019.

A SD Compostela afronta este domingo, ás 17.00 horas, no Campo da Lomba a segunda etapa do seu particular Tourmalet. Os branquiazuis, tralo empate ante o Bergantiños, tentarán lograr a súa cuarta vitoria nesta segunda volta contra todo un histórico da Terceira División, e candidato ao playoff de ascenso, o Arousa.

“Os resultados non lle están acompañando e provocáronlle estar a bastantes puntos dos catros primeiros, pero segue sendo ese equipo presumible de playoff, de principio de tempada, cun potencial enorme e plantel para enchufarse na liga cunha boa segunda parte”, advertiu Yago Iglesias na rolda de prensa.

O técnico branquiazul sabe da dificultade do reto, unha cita que se complica aínda máis pola bancada e terreo de xogo rival. “A Lomba é un campo mítico de Terceira e o Arousa uno dos conxuntos que máis socios e afeccionados ten, polo que coas súas expectativas previas e ante o Compos, terán unha dobre motivación para demostrar que non son os que marca a táboa”, explicou.

A pesar dese ambiente, tachado por Yago como doutra categoría, os nosos esperan sacar os tres puntos, recuperando sensacións tras dúas igualadas consecutivas. “Será difícil, pero a iso imos. O rival será duro, pero se os superamos subiranos moito a moral”, sinalou.

Recalcando nos aspectos positivos que mostrou o equipo na visita ao Bergantiños, os cales tamén tiveron froito na clasificación, o corpo técnico buscará as reviravoltas do rival para alcanzar o triunfo. Para iso, o adestrador santiagués non quixo desvelar a súa formulación para o partido. “Esta semana, e non o vou a ocultar, repasamos a defensa de catro, pero todo dependerá das opcións que vexamos para o domingo”, confesou.

A pesar de que na xornada sete encontros adiántanse ao sábado, o equipos non quere mirar a terceiros, xa que se está vendo que custa sacar cada partido, sexa ante o rival que sexa. “Debemos pensar só en nós, facer o noso traballo, e se despois podemos recortar a outros, mellor”, concluíu.

Confiados no seu bo facer e no esforzo realizado entre semana, os nosos esperan superar con fartura este segundo porto de montaña. Con esforzo e o apoio da bancada, o Compos quere traerse os tres puntos para Santiago.

REY_8553

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🌟🪄 Que maneira de estrearse!Dani González marcou os primeiros goles coa camiseta compostelanista en partido oficial 🩵🤍⚽️ Un dobrete (+1⃣ asistencia) fundamental para conseguir os tres puntos na casa📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.