O Vero Boquete debe estar a rebentar na volta contra o Alavés B

22 de Maio de 2019

Prezos-Entradas-Playoff-SD-Compostela-vs-Deportivo-Alavés-B

  • O encontro xogarase o domingo 2 de xuño ás 19.30 horas

  • As entradas para abonados serán a 5€, 10€ as xerais e gratis a menores de idade

Santiago de Compostela, a 22 de Maio de 2019.

A SD Compostela sabe que neste playoff a unión entre equipo e afección será clave, do mesmo xeito que o foi o curso pasado. Baixo o lema, ‘chegareencher’, os branquiazuis pretenden volver ver o Vero Boquete a rebentar no duelo de volta contra o Deportivo Alavés B, o cal se xogará o vindeiro domingo 2 de xuño, en plenas festas da Ascensión, ás 19.30 horas.

Co obxectivo de ver as bancadas cun colorido espectacular, os prezos para este gran encontro da primeira eliminatoria da promoción serán os seguintes: 5€ para abonados, 10€ para o público xeral e gratis para todos os menores de idade.

Os abonados terán reservado o seu asento na Tribuna ata ese día, polo que despois desa data habilitarase tamén para o resto de persoas. Ademais, para entrar ao Estadio, deberán presentar na porta de acceso o el abono xunto coa entrada, mentres que os menores de idade só deberán ensinar o seu abono.

Pola súa banda, para os NON abonados, os menores de idade deberán retirar unha invitación, ben nas oficinas ou ben nos despachos de billetes o propio domingo, xa que é condición indispensable para poder acceder ao recinto.

De partida, ata o mércores 29, estarán á venda só 150 entradas de Tribuna para o público xeral, as cales se poden incrementar a partir desa data coas que non foron compradas polos abonados. Por este motivo, venderanse primeiro as de Tribuna, ata fin de existencias, e despois comezarase coas de Preferencia.

Os interesados en asistir ao encontro poderán comprar a súa entrada a partir de mañá (23 de maio) nas oficinas do club, no seu horario habitual de luns a venres de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Outro punto para destacar é que o xoves 30 de maio a oficina estará pechada, xa que é festivo local. O domingo 2, estas poderanse adquirir nos despachos de billetes do Estadio Vero Boquete, polo que informaremos das que estarán habilitadas e o seu horario.

O club, aproveitando que Santiago estará cheo de visitantes coa Ascensión, quere trasladar a festa ao fortín branquiazul a partir das 19.30 horas, malia que con anterioridade se organizará tamén un recibimento aos xogadores. A maxia do Vero Boquete será vital para superar esta eliminatoria.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
𝐑𝐝𝐏 Previa 🆚 Pontevedra Club de Fútbol SAD 🎥 Antón Permuy | Manu Rivas🗣️ O adestrador e o xogador analizaron o derbi deste domingo en Pasarón ⚽️ Destacaron as claves do partido, así como a importancia de conseguir a vitoria contra o líder#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎟️ ENTRADAS PASARÓN 🏠 RECORDA! Mañá, último día para retirar as entradas na Oficina do Compos (ata as 15.00 horas)🎫 Adulto 12€ / Xuvenil (7-17 anos) 10€ / Ata 6 anos Gratis📲 Tamén se poden adquirir Online 👉 pontevedracf.com/es/news/venta-de-entradas-online🏟️ E o domingo, no Despacho de Billetes de Pasarón#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏰ HORARIO confirmado para o próximo partido na nosa casa 🩵🤍x20 🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril 🏟️ Estadio Vero Boquete🗓️ Domingo, 26 de xaneiro🕛12.00 horas🤝 Alcampo #composfabril ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🏆 Javier Rabanillo foi elixido como o noso #JugadorCincoEstrellas da 1ª Volta 🩵🤍🧤 O noso porteiro, fundamental coas súas paradas na primeira parte da Liga, foi elixido pola afección cos seus votos en TwitterEste premio outorgámolo da man de Fútbol Mahou 🍻👏 Parabéns, Raba! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🤝 Onte acompañáronnos Xosé Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia; e Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade, patrocinador do partido 🩵🤍♣️♠️ Ademais, Xosé Merelles fixo entrega do agasallo de Ourives de Compostela ao C.D. Numancia de Soria📸 Nacho Castaño#composnumancia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.