David Soto: “Estou contento de estar aquí e axudar a lograr o obxectivo”

18 de Xullo de 2019

Presentación David Soto 2

  • O central primou o proxecto do Compos a outras ofertas de superior categoría

Santiago de Compostela, a 18 de Xullo de 2019.

A sede de Limpezas Salgado, no polígono Novo Milladoiro, acolleu esta tarde a presentación de David Soto González como xogador da SD Compostela. O central, que participou horas máis tarde no seu primeiro adestramento, destacou o proxecto ambicioso branquiazul como vital á hora de tomar a súa decisión.

Moitas veces non predomina o económico, senón a forma que teñen de explicarche o proxecto e o que che transmiten. Veño a un club serio, ambicioso e iso vale máis que xogar noutra categoría”, sinalou ante os medios de comunicación.

Ademais, o novo futbolista branquiazul mostrouse moi feliz de chegar a un equipo que para el é de superior categoría. “Chego a un club histórico, que ten detrás a unha gran cidade e un gran estadio, polo que estou moi contento de fichar aquí e tentar axudar a lograr o obxectivo do ascenso”, explicou.

Con esa meta na cabeza, Soto espera achegar co seu granciño de area. “A pesar da miña mocidade, teño experiencia no fútbol e vivín situacións moi distintas. Tentarei co meu traballo e as miñas calidades axudar a mellorar e a lograr os resultados”, comentou.

Entre as súas características, o defensa valorou as súas virtudes para manexar o balón cos pés e a súa rapidez. “Un central debe ter liderado, comunicar ben e transmitir seguridade”, resumiu na rolda de prensa.

Outro dos aspectos que valorou Soto son as instalacións, das cales puido gozar esta tarde. “Ten unha pinta espectacular e todo o que sexan medios para adestrar e estar cómodos, benvido sexa”, destacou.

Por todo iso, ten moitas gañas de empezar e desexa que sexa unha vivencia positiva. “O equipo leva varios anos estando en playoff e veremos onde nos pon a liga, pero quedar primeiro é moi importante”, remarcou.

Cos seus compañeiros, dos cales coñece a Mon, Saro ou Antas, de enfrontarse a eles, e a Pato e Álvaro Casas, de xogar xuntos, agarda acabar a tempada celebrando o ansiado ascenso.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 week ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.