Jimmy volve á súa casa

21 de Xullo de 2019

Fichaxe-Jimmy-Twitter

  • Cumprirá a súa oitava campaña no club e compartirá vestiario co seu irmán Saro

Santiago de Compostela, a 20 de Xullo de 2019.

Óscar Seoane Mella (18/07/1987), máis coñecido como Jimmy, volve á súa casa: o Vero Boquete de San Lázaro. Despois de tres campañas, o lateral esquerdo volve á SD Compostela, polo que cumprirá a súa oitava tempada no club. Ademais, coincidirá no vestiario, e na parcela defensiva, cun dos seus irmáns, Saro.

Dabondo coñecido pola parroquia branquiazul, Jimmy, aos seus 32 anos, é un defensa esquerdo cunha ampla carreira en Segunda División B, na que acumula 239 encontros e 9 cursos. En canto ás súas calidades, destaca por ser un xogador con enorme calidade para aportar en ataque, con capacidade para por bos centros e bo golpeo á portería, e con moita intelixencia defensiva.

Coa firma, Jimmy vivirá a súa terceira etapa no seu Santiago natal. Comezou no club, tras pasar as categorías inferiores, no conxunto de Rexional Preferente, co que logrou o ascenso a Terceira e, consecutivamente, á división de bronce ao verán seguinte.

Na súa primeira experiencia nesta categoría, con 22 anos, disputou 34 encontros, anotando un gol, malia que iso non evitou o descenso da entidade. Por iso, emprendeu a súa primeira saída, ás filas do Montañeros, tamén do grupo 1 de Segunda B. Alí estivo dous anos, xogando 13 e 14 partidos, respectivamente, e marcando dous tantos.

Ao finalizar a súa estancia na Coruña, regresou ao  Compos de Terceira, realizando unha gran tempada na que volveu lograr o ascenso. Nela, participou en 36 duelos entre liga e playoff, 33 deles como titular, para rozar os 3.000 minutos disputados.

Por iso, renovou a súa vinculación e continuaría tres cursos máis co club en Segunda B, ata o novo descenso. Nesas tres campañas foi un fixo nos esquemas dos adestradores que pisaron San Lázaro, xa que xogou 34, 36 e 38 partidos en cada un dos anos. A maiores, anotou oito dianas, destacando as seis que logrou na 14/15, na que o Compos acabou sexto.

A pesar da perda da categoría, Jimmy seguiu no terceiro chanzo do fútbol nacional ao fichar no CD Boiro, no que participou en 31 encontros, marcando un gol. Ao curso seguinte, seguiu en Galicia, aínda que nas filas do Pontevedra, xogando en Pasarón un total de 18 partidos, con outro tanto para a colección. E, por último, a pasada campaña asinou no Areas de Getxo, do grupo 2 de Segunda B, a súa primeira aventura fóra da comunidade, onde estivo presente en 21 duelos.

Toda esta traxectoria abala a incorporación do gran Jimmy, un futbolista moi querido pola afección e que fará as delicias da bancada do Vero Boquete. Tras participar en dous ascensos co Compos, agarda repetir a xesta, asinando o camiño á Segunda División B. Únese así como a décimo novena peza do plantel, na que se atopará, á parte do seu irmán, con outros vellos coñecidos e amigos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐀𝐧𝐭𝐨́𝐧 𝐏𝐞𝐫𝐦𝐮𝐲🗣️ Declaracións de Antón Permuy trala derrota en Torrelavega🎥 RS Gimnástica #rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋RS Gimnástica 2️⃣-0⃣ COMPOS#rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSORS Gimnástica 2️⃣-0⃣ COMPOS👉 Tocará remontar na segunda metade#rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 🩵🤍 #rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
𝐎𝐍𝐂𝐄📋 𝐀𝐧𝐭𝐨́𝐧 𝐏𝐞𝐫𝐦𝐮𝐲🆚 RS Gimnástica 🏟️ O Malecón 🩵🤍 💪 #rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.