SD Compostela e Milladoiro SD asinan un convenio para a base

19 de Agosto de 2019
Vicente González e Antonio Quinteiro asinando o convenio.
Vicente González e Antonio Quinteiro asinando o convenio.
  • Ambas entidades colaborarán durante as próximas dúas tempadas

Santiago de Compostela, a 19 de Agosto de 2019.

A Sociedade Deportiva Compostela e o Miladoiro Sociedade Deportiva asinaron un acordo de colaboración nas categorías inferiores para as próximas dúas tempadas, 2019-20 e 2020-21, mediante o cal pretenden o impulso da actividade futbolística na comarca, ademais dun estímulo para os máis novos.

Coa firma de ambos presidentes, Antonio Quinteiro Canedo e Vicente González López respectivamente, ambas entidades comprométense a traballar conxuntamente, de forma activa, na formación dos xogadores, pero tamén dos técnicos.

O convenio permitirá aos adestradores e futbolistas da base do Milladoiro SD participar nos programas impulsados polo Compos, como o de formación de técnicos, a Compostec, o Clínic ou os Campus, coas mesmas vantaxes que os membros do club branquiazul. A maiores, ambos colaborarán na cesión de xogadores para tentar axudarse mutuamente e, por último, os adestradores do Milladoiro poderán asistir de balde aos encontros de liga no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

Con este novo acordo, o proxecto de canteira da SD Compostela, coordinado por Víctor Pazos, segue crecendo, xa que se suma tamén ao asinado co Victoria FC.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, todos xuntos na nosa casa para acadar a cuarta vitoria consecutiva 💪🩵🤍🤝 Partido patrocinado polo Garoa SCQ 🆚 CD Basconia🗓️ Domingo, 01/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta: Link na web#composbasconia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Semana de regreso á nosa casa! 💪Os nosos comezan con días de descanso para recuperar enerxías e preparar, a partir do mércores, o encontro deste domingo no Vero Boquete, no que buscaremos a cuarta vitoria consecutiva#composbasconia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 CRÓNICAUn Compos de doce consegue a terceira vitoria consecutiva⚽ Os nosos dominaron os tempos do partido no Pepe Quimarán e levaron os tres puntos con goles de Dani González, Buba e Antón Guisande📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.