Regreso agardado ao Vero Boquete

30 de Agosto de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/qta-pCYR1bI” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos volve ao seu estadio, para enfrontarse ao Somozas, coa intención de que sexa o seu fortín

Santiago de Compostela, a 30 de agosto de 2019.

A SD Compostela regresa este domingo ao Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, con motivo do encontro da segunda xornada de liga contra o Somozas, coa firme intención de convertelo de novo no seu fortín. Os nosos, tralas boas sensacións no debut, queren prolongar a súa xeira ante o seu público, co que se volven a atopar.

“O que dixemos esta semana é que agora si é o primeiro partido na casa de competición oficial, de liga, e que queremos que continúe a imaxe de Alondras. O noso campo é dos poucos, por non dicir o único, con estas dimensións e debemos aproveitalo”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Con esa intención, o corpo técnico recoñece que están na segunda xornada e que aínda queda moito por facer, pero que ven unha evolución nese axuste. “Os planteis aínda están por facer, falta coller ritmo, pero espero ver a un Compostela recoñecible. Quero ese equipo dominador e con moita velocidade de xogo, a pesar de que falta tempo para axustarnos”, comentou.

Precisamente, nesa posta a punto, Yago valora as últimas dúas semanas limpas, nas que puido traballar máis conceptos. “Estamos a ver unha evolución e oxalá canto antes estean todos ao cento por cento”, confesou. Malia que aclara: “Isto é unha carreira de fondo, sen dúbida é motivante o regreso á casa, pero hai que seguir crecendo, axustándonos os novos aos que xa estaban e viceversa, para que todo vaia mellor”.

Nese aspecto, malia que quedou contento coas sensacións xerais do sábado pasado, si atoparon algúns puntos a mellorar. “Vén con relación ao debut, pero tivemos unha primeira media hora moi boa, de control total, e despois perdemos un pouco a identidade. O obxectivo é ter máis continuidade, e dentro dela aparecerán outras cousas. O que prima é manter un nivel de concentración e ritmo alto durante o maior tempo posible para non dar opcións ao rival”, analizou un técnico que só quere centrarse neste duelo.

Precisamente, do adversario, o adestrador branquiazul destacou a liña de continuidade no banco e na medular, ao que sumou algún reforzo de nivel. “Segue o adestrador e algúns xogadores, sobre todo no mediocampo, alicerce en tódolos equipos, e despois incorporaron xente arriba como Eloy Díaz, que vén do Paiosaco, e que é unha referencia”, detallou.

Por iso, non se fían dun conxunto que de seguro virá a Santiago a xogar de ti a ti ao Compos. “A Terceira ten cada vez mellores equipos e cada fin de semana hai sorpresas, polo que debemos seguir facendo o noso traballo, conseguir os tres puntos”, concluíu.

Con esta tarefa en mente, e cunha convocatoria que se repetirá, debido ás tres baixas que se manteñen no plantel, os nosos agardan alcanzar o seis de seis, dándolle unha alegría á afección no reencontro. Para iso, os xogadores esperan o apoio da bancada desde as sete, demostrando o nivel que ten o Compos, non só no campo, senón tamén nos seus seguidores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU UD Llanera 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.