Manter a dinámica noutra superficie

28 de Setembro de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/Lth–kk099c” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos enfrontarase este domingo ao Rápido de Bouzas no renovado Baltasar Pujales

Santiago de Compostela, a 27 de setembro de 2019.

A SD Compostela vivirá este domingo un novo duro reto na Terceira co encontro contra o Rápido de Bouzas, un recentemente descendido. Os nosos viaxarán a un dos campos máis complicados da categoría, o Baltasar Pujales, no que se atoparán cunha superficie moi diferente á que afán, malia que esta foi renovada este mesmo verán.

“Vino persoalmente e é certo que non ten nada que ver co antigo, pero segue sen ser excesivamente grande, ademais de estar pegado á ría, o que provoca que en días de vento e choiva afecte moito ao devir do encontro, pero parece que non será o caso. E en canto á herba sintética, é totalmente nova, de última xeración, o que iguala un pouco a balanza, aínda que as dimensións non son as de San Lázaro nin moito menos”, explicou na rolda de prensa.

Non será o único que cambia neste equipo, xa que o plantel e adestrador son totalmente novos. “A pesar dos cambios, teñen xogadores importantes na categoría como Lorenzo, que lle dá moita seguridade atrás, Yavhé, Fondevila, Edu Otero, que acabou o curso pasado no Céltiga tras pasar polo Ourense, ou Carlitos, que xa estaba en Segunda B”, analizou.

Deles, o técnico branquiazul destaca a súa capacidade de desequilibrio e a mestura entre experiencia e mocidade, o que lle achega un plus competitivo. Neste aspecto, a fichaxe do adestrador Miguel Fernández ten moito que ver. “Coñézoo de anos atrás e conta con moito percorrido no fútbol base da zona de Vigo, polo que coñece ben aos xogadores de alí”, adiantou.

En canto ao estilo de xogo, Yago definiu aos equipos do técnico vigués como “moi intensos, moi equilibrados e que buscan facerse fortes atrás para logo facer dano en transicións rápidas”. A pesar de ser novo na categoría, “ten capacidade máis que dabondo, aínda que si é certo que tardarán en coller o ritmo e temos que aproveitalo”, remarcou.

A pesar diso, os branquiazuis teñen claro cal será o obxectivo, regresar cos tres puntos. “Toca semana fóra, similar á dos últimos dous desprazamentos. Sabemos da dificultade que ten, o rival que haberá diante e que virá con ganas de sacarse a espiña do seu último resultado, pero o obxectivo é conseguir a vitoria”, destacou.

Con esta meta, os nosos traballaron entre semana sobre a idea de xogo propia, malia que con certos matices polo tipo de partido que se pode dar. “Atopámonos un rival moi compacto, cun campo de pequenas dimensións, polo que debemos ter claridade e logo estar moi atentos a cando non teñamos a pelota porque se chega pronto á portería rival. Debemos estar moi concentrados para evitar erros que lle permitan correr”, concluíu.

Con todo iso en mente, os dezaseis que viaxarán, entre os que non estarán nin Antas nin Hugo, que tiveron molestias entre semana, tentarán sacar un novo triunfo, recuperar sensacións como visitantes e manterse na parte alta da clasificación.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.