Infantís e cadetes non coñecen a derrota

7 de Outubro de 2019

Resultados-6-Outubro

  • Triplete e dobrete, respectivamente, para manterse na zona de honra das súas ligas

Santiago de Compostela, a 8 de Outubro de 2019.

As categorías inferiores pecharon, por segunda fin de semana consecutiva, a xornada con oito triunfos, cinco deles entre dúas categorías, cadetes e infantís. Os tres conxuntos dos primeiros e os dous dos segundos manteñen as súas xeiras positivas para asentarse na parte alta das súas respectivas ligas, con especial mención para o de Liga Galega, quen marcha terceiro no seu debut. Precisamente, nesta mesma liga, o Xuvenil A tamén cultivou unha nova vitoria. Alevín A e Prebexamín A pecharon os aspectos positivos.

En primeiro lugar, o SD Compostela-Zona Vella non puido manter a súa condición de invicto como local, despois de caer ante o Silleda por 2-4. Os branquiazuis, que se puxeron por diante ao comezo con gol de Bruno Pouso, viron como os visitantes lles remontaban, no segundo acto, só podendo recurtar a diferenza por mediación de Mario Lorenzo.

Seguindo coa súa serie triunfal, e por primeira vez sumando de tres lonxe de Santiago, o Xuvenil A cultivou unha importante vitoria na súa visita ao San Tirso B por 1-2. Christian Fernández asinou un dobrete, un deles de penalti, para asegurar a gloria, a pesar de que os locais se achegarían no marcador nos últimos compases. Por contra, o Xuvenil B perdeu, por segunda fin de semana, esta vez contra o segundo clasificado, o Sálvora, por 5-3. Os nosos tiveron un final fatídico, no que perderon o gran traballo realizado durante 90 minutos, xa que se pasou do 2-3, no minuto 86, ao 5-3 final. Moisés Bernárdez, Juan Amigo e Gerardo Lago puxesen o encontro de cara, pero non se puido rematar a faena.

Si completaron o pleno os cadetes, uns conxuntos que seguen convencendo semana tras semana. O Cadete A, no seu debut na Liga Galega, volveu sumar de tres e xa van catro vitorias en cinco duelos. Esta vez, os branquiazuis superaron con claridade ao San Tirso por 0-3, mercé a un hat trick de Iker Carril, que volveu da súa lesión en plena forma. Do mesmo xeito, o Cadete B mantivo a súa imbatibilidade, o domingo, ao superar por 1-4 ao Cacheiras, con dobretes de Álex Rey e Asier Guldris. E por último, o Cadete C debutou, tras descansar a pasada cita, cunha goleada por 2-11 contra o Praíña. Catro dianas de Fabián Lamela, dúas de Javier Freire e Edgar González, e unha de Tomás Munge, Leo González e Antón López selaron este resultado contundente.

Igualmente, os infantís asinaron o dobrete e con portería a cero. O Infantil A superou pola mínima, 1-0, ao Ulla Pontecesures, con gol de Pablo Devesa, para seguir progresando na clasificación, mentres que o Infantil B segue como líder en solitario ao vencer por 2-0 ao Vista Alegre, nun encontro no que marcou Daniel Varela e o outro foi en propia porta.

Baixando ao fútbol 8, o Alevín A sumou de tres por terceira xornada seguida ao superar por 3-1 ao Peleteiro, contrastando coas derrotas do Alevín B, por 6-2 contra o Racing San Lorenzo, e do Alevín C, por 7-0 ante o Villestro C.

Despois, o Benxamín A logrou a súa segunda vitoria ao vencer ás Escolas Deportivas de Vedra, mérito que non foi capaz de igualar un Benxamín B que caeu pola mínima ante o La Salle. Do mesmo xeito, o Prebenxamín A superou ao Bertamiráns B, como visitante, subindo ao primeiro posto, á vez que o Prebenxamín B perdeu na súa visita ao Dubra.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

✍️🩵🤍 CRÓNICA O Compos asalta O Vao e logra o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada ⚽ Os nosos fixeron un partido moi completo e conseguiron unha importante vitoria grazas a un penalti provocado e transformado por Buba📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Hoxe foi un gran día 😍 #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #CoruxoComposAnálise do adestrador do Compos despois da gran vitoria dos nosos no derbiO técnico valorou a importancia deste triunfo, as claves do encontro e as sensacións que lle deixou a vitoria no Vao ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCoruxo FC 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ BubaO DERBI É NOSO 🩵🤍TRES PUNTOS VITAIS NUN GRAN ENCONTRO 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO NO VAO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCORUXO F.C. 0️⃣-0️⃣ COMPOSBoa primeira parte dos nosos, apertando e roubando moitos balóns, pero sen conseguir acertar no último terzo📸 Nacho Castaño #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.