Infantís e cadetes non coñecen a derrota

7 de Outubro de 2019

Resultados-6-Outubro

  • Triplete e dobrete, respectivamente, para manterse na zona de honra das súas ligas

Santiago de Compostela, a 8 de Outubro de 2019.

As categorías inferiores pecharon, por segunda fin de semana consecutiva, a xornada con oito triunfos, cinco deles entre dúas categorías, cadetes e infantís. Os tres conxuntos dos primeiros e os dous dos segundos manteñen as súas xeiras positivas para asentarse na parte alta das súas respectivas ligas, con especial mención para o de Liga Galega, quen marcha terceiro no seu debut. Precisamente, nesta mesma liga, o Xuvenil A tamén cultivou unha nova vitoria. Alevín A e Prebexamín A pecharon os aspectos positivos.

En primeiro lugar, o SD Compostela-Zona Vella non puido manter a súa condición de invicto como local, despois de caer ante o Silleda por 2-4. Os branquiazuis, que se puxeron por diante ao comezo con gol de Bruno Pouso, viron como os visitantes lles remontaban, no segundo acto, só podendo recurtar a diferenza por mediación de Mario Lorenzo.

Seguindo coa súa serie triunfal, e por primeira vez sumando de tres lonxe de Santiago, o Xuvenil A cultivou unha importante vitoria na súa visita ao San Tirso B por 1-2. Christian Fernández asinou un dobrete, un deles de penalti, para asegurar a gloria, a pesar de que os locais se achegarían no marcador nos últimos compases. Por contra, o Xuvenil B perdeu, por segunda fin de semana, esta vez contra o segundo clasificado, o Sálvora, por 5-3. Os nosos tiveron un final fatídico, no que perderon o gran traballo realizado durante 90 minutos, xa que se pasou do 2-3, no minuto 86, ao 5-3 final. Moisés Bernárdez, Juan Amigo e Gerardo Lago puxesen o encontro de cara, pero non se puido rematar a faena.

Si completaron o pleno os cadetes, uns conxuntos que seguen convencendo semana tras semana. O Cadete A, no seu debut na Liga Galega, volveu sumar de tres e xa van catro vitorias en cinco duelos. Esta vez, os branquiazuis superaron con claridade ao San Tirso por 0-3, mercé a un hat trick de Iker Carril, que volveu da súa lesión en plena forma. Do mesmo xeito, o Cadete B mantivo a súa imbatibilidade, o domingo, ao superar por 1-4 ao Cacheiras, con dobretes de Álex Rey e Asier Guldris. E por último, o Cadete C debutou, tras descansar a pasada cita, cunha goleada por 2-11 contra o Praíña. Catro dianas de Fabián Lamela, dúas de Javier Freire e Edgar González, e unha de Tomás Munge, Leo González e Antón López selaron este resultado contundente.

Igualmente, os infantís asinaron o dobrete e con portería a cero. O Infantil A superou pola mínima, 1-0, ao Ulla Pontecesures, con gol de Pablo Devesa, para seguir progresando na clasificación, mentres que o Infantil B segue como líder en solitario ao vencer por 2-0 ao Vista Alegre, nun encontro no que marcou Daniel Varela e o outro foi en propia porta.

Baixando ao fútbol 8, o Alevín A sumou de tres por terceira xornada seguida ao superar por 3-1 ao Peleteiro, contrastando coas derrotas do Alevín B, por 6-2 contra o Racing San Lorenzo, e do Alevín C, por 7-0 ante o Villestro C.

Despois, o Benxamín A logrou a súa segunda vitoria ao vencer ás Escolas Deportivas de Vedra, mérito que non foi capaz de igualar un Benxamín B que caeu pola mínima ante o La Salle. Do mesmo xeito, o Prebenxamín A superou ao Bertamiráns B, como visitante, subindo ao primeiro posto, á vez que o Prebenxamín B perdeu na súa visita ao Dubra.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
𝑢𝑛 𝑢𝑙𝑡𝑖𝑚𝑜 𝑏𝑎𝑖𝑙𝑒🙌 Hoxe despide a nosa lenda, Samu, como merece!Todos ao Vero Boquete para aplaudir e honrar a figura do gran capitán, nos seus derradeiros minutos sobre o verde coa camiseta do Compos! 🩵🤍📸 Nacho Castaño#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
ℹ️ vs Real Club Deportivo de La Coruña👉 𝐀𝐩𝐞𝐫𝐭𝐮𝐫𝐚 de Portas e do Despacho de Billetes (no caso de que queden localidades)🕡 18:40h👉 𝐏𝐨𝐫𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐀𝐜𝐜𝐞𝐬𝐨Tribuna: 2 e 16Preferencia: 9Fondo Norte: 6🎟️ As entradas, mentres non se esgoten, tamén se poden mercar online!📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/📸 Nacho Castaño#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
𝒖𝒏 𝒖𝒍𝒕𝒊𝒎𝒐 𝒃𝒂𝒊𝒍𝒆 🩵🤍🆚 Real Club Deportivo de La Coruña 🕗 20:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🥹 O noso Samu vestirá a branquiazul por última vez sobre o verde do Vero Boquete👏 Unha merecida homenaxe a nosa lenda!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🌞⚽️ Primeiros días de adestramentos completados👨‍🏫 Mañá, primeira proba para os nosos, na estrea de Carlos de Lerma na nosa casa📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Edu Sousa e Manu Rivas🩵🤍 Os novos futbolistas da SD Compostela para a Tempada 26/27 foron presentados esta mañá na tenda Bulideira📹 youtu.be/AHco3s3Zqqw👉 Portando as novas camisetas para este curso, falaron da súa fichaxe, da pretempada ou do amigable de mañá ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.