Queiruga renova por dous anos coa SD Compostela

18 de Agosto de 2020
Renovación Queiruga 1
  • O club buscaralle unha cesión esta tempada na Terceira División para manter o seu crecemento

Santiago de Compostela, a 18 de Agosto de 2020.

Jorge Queiruga Castro seguirá dous anos máis ligado á SD Compostela. O central santiagués, despois do seu primeiro ano completo ás ordes de Yago Iglesias, seguirá co seu crecemento futbolístico na Terceira División galega, posto que xogará cedido no CSD Arzúa, en busca de minutos e para coller rodaxe no equipo revelación da pasada campaña.

Aos seus 20 anos, no seu segundo curso como sénior, a entidade compostelanista busca que o mozo futbolista poida desenvolver as súas aptitudes, do mesmo xeito que o fixo na súa anterior etapa no Puebla FC. Por iso, xogará cedido no “Queixo Mecánico”, para regresar á capital galega o próximo verán. 

Nesta última campaña, no seu debut como xogador do primeiro equipo, e tamén en Terceira, Queiruga puido disputar cinco encontros de liga, dous deles partindo de inicio. Agora, buscará ampliar os seus números e acumular experiencia para seguir coa súa gran proxección.

Por outra banda, coa firma da súa renovación, os 17 xogadores do primeiro plantel que formaron parte da expedición que disputou o playoff exprés, que acabou co ansiado ascenso á Segunda División B, deron o si quero á proposta de continuidade que lles ofreceu a SD Compostela, todo un logro que demostra a importancia de manter unha boa base para consolidar o proxecto.

Marcha Queiruga Arzúa 1

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 CRÓNICAUn Compos de doce consegue a terceira vitoria consecutiva⚽ Os nosos dominaron os tempos do partido no Pepe Quimarán e levaron os tres puntos con goles de Dani González, Buba e Antón Guisande📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.