“O primordial é seguir xogando como ata agora”

6 de Novembro de 2020
Partido Patrocinado SD Compostela vs CD Guijuelo por Tierra y Jardín 01 1

Tierra y jardín – Omar Hermida

Tierra y Jardín estréase esta tempada como sponsor do club, patrocinando aos nosos porteiros, Pato Guillén e Borja Rey. Despois de moitos anos vinculados ao mundo do fútbol, apoian ao equipo coa esperanza de poder aspirar a Segunda. Comezan patrocinando o partido desta semana contra o CD Guijuelo no Vero Boquete de San Lázaro.

Cal é a súa actividade?

Nós levamos dez anos traballando no sector da xardinería. Estamos tanto en obra pública, como en xardíns privados de particulares. Encargámonos de todo o que se refire a montaxe de rego, deseño de xardíns e plantacións. Tamén facemos agora unha parte moi importante que é a poda en altura.

Que lles levou a patrocinar ao equipo?

Eu sempre estiven metido no mundo do fútbol, xogando en equipos da zona de Santiago. Agora teño un neno ao que lle encanta o fútbol e durante este último ano afeccionámonos a ir ao Vero Boquete a ver ao Compostela as fines de semana.

Que lle aporta á súa empresa patrocinar a un equipo de fútbol como o Compostela?

Nos fixémolo sobre todo por botar unha man a un equipo da zona, de Santiago. Apórtanos visibilidade, está claro, pero a nosa intención foi apoiar o deporte local.

Cal é a súa relación co deporte en xeral e a SD Compostela en particular?

O meu vínculo co deporte sempre foi o fútbol, xogando en equipos da zona. E agora, co neno, intentábamos ir sempre a velo. A tempada pasada fomos ver un partido contra o Ourense e xurdiu a idea de patrocinalo, pregunteille ao pequeno a quen quería patrocinar e dixo que ao porteiro, que quería os seus guantes, e así foi.

¿Un desexo para esta tempada?

O desexo principal e primordial e seguir aí, nesta categoría, e seguir xogando como ata agora para poder quedarnos na Segunda B. Sempre podemos subir á Segunda, non? Pero aquí hai que manterse, uns aniños polo menos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Club Deportivo Lugo B ⚽️ Previa do noso adestrador sobre o partido dos nosos en Lugo, este domingo ás 16:30 horas#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Moito ánimo, Marco Baña 🩵🤍 O noso xogador foi operado con éxito do xeonllo dereito tras sufrir unha lesión ligamentosa O noso canteirán comeza o proceso de recuperación, acompañado polos nosos servizos médicos e recuperadores Volverás máis forte ca nunca! 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Nova saída para os nosos na liga⚽️ 𝐗𝟐𝟒🆚 Club Deportivo Lugo B🗓️ Domingo, 8 de marzo🕟 16:30 horas🏟️ A ChedaEste domingo, buscaremos recuperar a senda do triunfo en Lugo! 🙌#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ O equipo regresa esta tarde aos adestramentos🏟️ Comeza a preparación para a visita ao filial do Lugo#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.