Rati dirixirá ao Xuvenil A por terceira tempada consecutiva

3 de Agosto de 2022
  • Estará acompañado, nesta nova campaña en División de Honra, por Borja Collar, Dani Pérez, Carlos Fernández e Manuel Antelo

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2022

José Miguéns ‘Rati’ seguirá á fronte do Xuvenil A da SD Compostela por terceira tempada consecutiva. Competindo un ano máis na División de Honra, tras conseguir unha histórica permanencia, os nosos buscarán asentarse na máxima categoría nacional a partir de manter unha liña continuísta no seu corpo técnico.

Desta maneira, o técnico de Rianxo, artífice do ascenso a División de Honra, na súa primeira tempada, e da permanencia con moita antelación, na segunda, seguirá liderando ao conxunto insignia da base branquiazul, competindo contra as mellores canteiras do fútbol galego, asturiano e cántabro, fomentando ademais o crecemento deportivo dos futbolistas.

Acompañándoo nesta nova campaña estarán Borja Collar, gran coñecedor da casa, como segundo adestrador; Dani Pérez, un ano máis como adestrador de porteiros; o coach e psicólogo deportivo Carlos Fernández, na área de psicoloxía; e o omnipresente Manuel Antelo, como delegado do equipo.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🧐 Preparados para mañá!💪🏟️ Concentrados e mentalizados para sumar de 3⃣ no Vao 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.