Rati dirixirá ao Xuvenil A por terceira tempada consecutiva

3 de Agosto de 2022
  • Estará acompañado, nesta nova campaña en División de Honra, por Borja Collar, Dani Pérez, Carlos Fernández e Manuel Antelo

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2022

José Miguéns ‘Rati’ seguirá á fronte do Xuvenil A da SD Compostela por terceira tempada consecutiva. Competindo un ano máis na División de Honra, tras conseguir unha histórica permanencia, os nosos buscarán asentarse na máxima categoría nacional a partir de manter unha liña continuísta no seu corpo técnico.

Desta maneira, o técnico de Rianxo, artífice do ascenso a División de Honra, na súa primeira tempada, e da permanencia con moita antelación, na segunda, seguirá liderando ao conxunto insignia da base branquiazul, competindo contra as mellores canteiras do fútbol galego, asturiano e cántabro, fomentando ademais o crecemento deportivo dos futbolistas.

Acompañándoo nesta nova campaña estarán Borja Collar, gran coñecedor da casa, como segundo adestrador; Dani Pérez, un ano máis como adestrador de porteiros; o coach e psicólogo deportivo Carlos Fernández, na área de psicoloxía; e o omnipresente Manuel Antelo, como delegado do equipo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ Club Marino de Luanco#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
DÍA DE PARTIDO! DÍA DE COMPOS! 🩵🤍COMEZAMOS A LIGA NA NOSA CASA E PRECISAMOS O APOIO DE TODOS! 🏟️🆚 Club Marino de Luanco 🏟️ Vero Boquete🕛 12:00 horas🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/📸 Nacho Castaño#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎟️🩵🤍 Rifas Compos 26/27Grazas ao acordo co Mercado La Galiciana, patrocinador do club, cada partido no Vero Boquete sortearemos un vale por valor de 100€ para gastar no establecemento compostelánMañá, a primeira oportunidade! ⚽️Sorte a todos! 🙌🙌🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ Club Marino de Luanco 👉 Citados todos os xogadores dispoñibles para o encontro de mañá, primeira xornada de Liga, ás 12:00 horas na nosa casa#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎟️🩵🤍 Xa somos 1⃣.5⃣0⃣0⃣ abonados🙌 Mañá comezamos a Liga e necesitamos o apoio de todos! 📌 Recorda que podes abonarte online ou presencialmente (Na Tenda -luns a sábado- ou na Oficina -luns a venres-)🎫 sdcompostela.compralaentrada.com#ocamiñodonorte ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.