Iván Martín, reforzo para a dianteira da SD Compostela

12 de Outubro de 2022
Iván Martín Fichaje
  • O atacante, con ampla experiencia en Segunda B, estaba sen equipo tralo seu paso polo Linense

Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2022

O dianteiro Iván Martín Gómez (04/03/1995, Villaverde del Río -Sevilla-) é novo xogador da SD Compostela. O atacante andaluz, que se atopaba sen equipo tras finalizar o seu contrato no Linense, conta cunha ampla experiencia na Segunda División B, cun paso incluído por Galicia nas filas do Pontevedra, e firma ata final de ano.

Iván Martín destaca por ser un dianteiro moi completo, con gran presenza física, bo xogo de costas, con calidade para asociarse e capacidade para desmarcarse ao espazo, calidades todas elas que levaron á dirección deportiva a afrontar a súa fichaxe. A todo iso suma a súa importante traxectoria na división de bronce do fútbol nacional.

Forxado nas categorías inferiores de Sevilla, deu o paso a sénior co Brenes, de Primeira Andaluza, antes de ser captado polo Real Betis para o seu filial. Tras catro partidos cos verdibrancos en Terceira, foi cedido ao Alcoyano e, no inverno, ao Écija, onde gozou de maior protagonismo, con dez partidos na segunda volta.

Ao curso seguinte fichou polo Tudelano, na Segunda B, onde atopou continuidade, disputando 27 partidos e marcando sete goles, disputando incluso a Fase de Ascenso. Dado o seu gran rendemento, asinou no Valladolid Promesas, conxunto ao que se volverá a enfrontar, con 29 encontros xogados e dous tantos. Ao curso seguinte, chegaría a terras galegas, para asinar no Pontevedra, onde fixo tres goles en dezasete xornadas.

Tras ese periplo por Segunda B, poñería rumbo a Polonia, para sumarse ao Odra Opole, de Segunda División, e á tempada seguinte ao Podbeskidzie Bielsko-Biata, da mesma liga, co que logrou o ascenso á máxima división. En total, no territorio polaco, participou en 45 partidos, anotando oito goles.

De volta en España, asinaría no Linense, onde disputou campaña e media entre Segunda B e Primeira RFEF. En total, participou en 39 partidos.

Agora chega a Compostela, onde aterrará esta tarde, para poñerse ás ordes de Fabiano a partir de mañá.

Tras confirmarse a súa incorporación, o plantel está integrado agora por vinte xogadores: Pato Guillén, Borja Rey, Roque, Riki Mangana, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián Canedo, Martín Salvador, Pablo Antas, Samu, Mario, Fer Beltrán, Jordan, Mario Rodríguez, Elliot, Cano, Parapar, Darío, Allyson e Iván Martín.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso gran capitán, Samu 🩵🤍Moitos parabéns, capi!! A desfrutalo e que este novo ano veña con moitos éxitos para celebrar xuntos!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 De pequenos a maiores, co apoio de todos, a por este play offTodos xuntos conseguiremos o ascenso!!Imos con todo desde este sábado!! 💪💪💪📸 Nacho Castaño#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Neste Día da Ascensión, temos de aniversario ao noso mago, Parapar 🩵🤍Moitos parabéns!! Que veña acompañado dun ascenso!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧤 Con 28 goles encaixados e unha media de 0,0092 goles/minuto, o noso Álex Cobo foi o Zamora do Grupo 1 da Terceira RFEF🩵🤍 Parabéns, Álex!! A seguir así no play off!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron onte a semana de adestramentos para o inicio do play off👉 A partir de mañá, centrados en comezar ben a fase de ascenso#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.