Álvaro Casas: “É moi importante conseguir os tres puntos para non descolgarnos da cabeza”

20 de Outubro de 2022
Álvaro Casas, Ana Costa, Rafael Sabucedo e Ramón Castro
Ana Costa e Álvaro Casas
  • Álvaro Casas analizou o derbi contra o Coruxo en Deltacargo, o seu patrocinador e do encontro desta fin de semana

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2022

Álvaro Casas, analizou este mediodía, na sede de Deltacargo, a previa do derbi contra o Coruxo. O central, reconvertido a centrocampista neste inicio de curso, quixo destacar a importancia do encontro deste domingo ás 12.00 no Vero Boquete. O capitán do equipo quere sumar o triunfo para reverter o mal grolo de Lugo.

A rolda de prensa tivo lugar na sede de Deltacargo, o novo patrocinador oficial de Álvaro Casas e tamén do derbi que mide á SD Compostela ante o cadro vigués.

Derrota en Lugo. Foi un golpe duro, pero xa estamos a pensar no seguinte partido. Cando perdes no último minuto amola moito, este ano levamos tres así, temos que seguir traballando e centrarnos niso, en non perder a concentración. Doe moito cando estás a traballar todo o partido e que se vaia nos últimos catro minutos. Perdemos uns bos puntos esta fin de semana e tamén nos pasou contra o Oviedo e o Langreo en casa, polo que é un dos puntos que temos que mellorar.

Sistema de cinco defensas. O míster tivo que cambiar o sistema polas circunstancias, pero o equipo competiu ben, ao adestrador gustoulle e apostou por continuar con iso. Agora que recuperamos xente, prefiro ver o vaso medio cheo, porque un equipo que sabe xogar con varios sistemas e con diferentes plans, crecerá. Recuperamos xente e esta fin de semana é moi importante conseguir os tres puntos para non descolgarnos da zona alta, que é o noso obxectivo.

Xogar de mediocentro. Mentres estea no campo, estou cómodo. É unha posición que coñezo, hai anos que non xogaba aí, pero cheguei ao Compos como centrocampista, aínda que despois pasei a xogar de central. Desde logo, non estou incómodo nesa posición.

O Coruxo. Destaco o seu grupo, porque leva bastantes anos xuntos. Ten un gran bloque, o adestrador xa estivera antes e o ano pasado colleu ao equipo en descenso e púxoo en playoff. É xente que traballa moi ben e fixo fichaxes como Añón e Luismi, que están a meter goles, e atrás son sólidos, saen co balón xogado e se levan tantos anos na categoría, por algo é. É un rival duro.

Partido que lle interesa ao Compos. Interésalle un partido que gañe. Estamos a traballar con varias hipóteses de como poden xogar eles ou como xogar nós. Dependendo do sistema polo que aposte o míster e dos xogadores, verase un Compos dun modo ou doutro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Regresamos á nosa casa este sábado e queremos a vitoria 💪🩵🤍🤝 Partido patrocinado polo Mercado de Abastos de Santiago🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na web#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Semana de liga na nosa casa! 💪Os nosos descansan hoxe e regresarán mañá aos adestramentos para preparar o encontro deste sábado no Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
✍️🩵🤍 CRÓNICA O Compos asalta O Vao e logra o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada ⚽ Os nosos fixeron un partido moi completo e conseguiron unha importante vitoria grazas a un penalti provocado e transformado por Buba📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Hoxe foi un gran día 😍 #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #CoruxoComposAnálise do adestrador do Compos despois da gran vitoria dos nosos no derbiO técnico valorou a importancia deste triunfo, as claves do encontro e as sensacións que lle deixou a vitoria no Vao ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.