I Torneo SD Compostela en Tambre Golf o 26 e 27 de novembro

15 de Novembro de 2022
I TORNEO SD COMPOSTELA
  • As inscricións estarán abertas ata o sábado 26 ás 13.00 horas

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

Froito do acordo entre Tambre Golf e a SD Compostela, organízase o vindeiro sábado 26 e o domingo 27 o I Torneo SD Compostela de Golf. Realizaranse dúas saídas, a elixir polos participantes: sábado ás 16.00 horas ou o domingo ás 11.00 horas. As inscricións están xa abertas na seguinte ligazón: https://bit.ly/TorneoGolfSDCompostela.

A competición disputarase en modalidade Individual Stableford e aplicaráselle o sistema de hándicap e normas da RFEG, así como as Regras Locais que estableza o Comité de Competición do Club. Será ademais un torneo puntuable para a Orde de Mérito.

 

Participantes.

Poderán participar no torneo aqueles xogadores con licenza federativa en vigor e que estean en posesión de hándicap oficial. O único hándicap válido para participar será o que teña o xogador reflectido pola Real Federación Española de Golf ao comezo da proba.

Se algún non está en posesión de hándicap, asignaráselle hándicap de xogo 0 e só participará na clasificación scratch.

 

Categorías e premios.

Establécense as categorías scratch, hándicap, damas e sénior, para o I Torneo SD Compostela en Tambre Golf, con diferentes premios:

1º scratch: Carné abonado SD Compostela tempada 2022-23 + Suadoiro oficial SD Compostela. 2º scratch: Camiseta oficial SD Compostela.

1º primeira categoría: Carné abonado SD Compostela tempada 2022-23 + Suadoiro oficial SD Compostela. 2º primeira categoría: Camiseta oficial SD Compostela.

1º segunda categoría: Carné abonado SD Compostela tempada 2022-23 + Suadoiro oficial SD Compostela. 2º segunda categoría: Camiseta oficial SD Compostela.

Mellor Approach buraco 18: Suadoiro oficial SD Compostela.

 

Os premios non serán acumulables entregando, no caso de que un xogador estivese en posición de obter dous, o de maior valor.

Así mesmo, tamén haberá sorteo de agasallos entre todos os participantes: dez entradas para a partido SD Compostela vs Real Avilés Industrial, que se disputará nesa mesma fin de semana; un carné de abonado da SD Compostela tempada 2022-23, unha camiseta de adestramento e outros produtos de merchandising do club (cuncas, bolígrafos, pulseiras, chaveiros…).

Para máis información habilítase o correo electrónico casaclub@tambregolf.com ou o teléfono 621 043 399.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos recupera o liderado tras un gran triunfo na Lomba, 0⃣-2⃣, cun Antón Guisande, que firmou un dobrete, estelar🫂 Desprazamento masivo de afeccionados do Compos que non pararon de animar👉 sdcompostela.com/gl/2026/04/12/compos-recupera-liderado-guisande/📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ Valoración do noso adestrador trala gran vitoria na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️⚽️ Antón GuisandeSIIIIII!!!! OS TRES PUNTOS SON NOSOS!!! 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍REGRESAMOS AO LIDERADO!!! GRAZAS AFECCIÓN!!! UNHA VITORIA DE TODOS 🙌🙌🙌📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeTodos xuntos, co voso apoio, seguimos a pola vitoria ata o final! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️⚽️ Antón Guisande📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.