David Solleiro, convidado da terceira xornada da Compos Escola

20 de Xaneiro de 2023
David Solleiro Cuadrado
  • Celebrarase o martes 24, ás 20.45 horas, na Nave de Vidán

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2023

Durante este 2023, a Canteira Picheleira segue organizando as súas xornadas formativas sobre o Fútbol Base, a través do seu programa Compos Escola. Nesta ocasión, será David Solleiro Durán o encargado de impartir unha charla, a terceira deste programa, que tratará sobre o adestramento condicional nas categorías inferiores, unha cita que servirá de continuación da realizada, no pasado mes de decembro, por Alexis Padrón.

O evento, aberto a todo o público interesado, celebrarase o vindeiro martes 24 de xaneiro, ás 20.45 horas, na Nave de Vidán, establecemento colaborador do club.

A inscrición para a actividade está aberta a través da seguinte ligazón: https://bit.ly/ComposEscolaSolleiro. Ten un custo de 10€ para o público xeral, 5€ para os adestradores dos clubs conveniados coa Canteira Picheleira e gratuíto para os técnicos dos equipos que forman parte deste programa formativo.

David Solleiro é graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola Universidade de Vigo, conta cun máster en Prevención e Readaptación de Lesións en Fútbol (UCLM), así como un máster en Rendemento Físico e Deportivo (UPO). Ademais, durante a pasada campaña, traballou como preparador físico e readaptador da SD Compostela.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.