Fabiano: “A ver se atopamos o gol este sábado para seguir aí na pomada”

27 de Xaneiro de 2023
  • A SD Compostela quere a primeira vitoria da segunda volta, mañá, na visita ao Burgos Promesas

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2023

Tras iniciar a segunda volta cun empate na casa, a SD Compostela quere recuperar a senda triunfal. Os nosos viaxan a Burgos coa misión de traer os tres puntos, conseguindo a primeira vitoria desta segunda parte do campionato. Coa confianza de levar once xornadas sen perder, Fabiano agarda que o equipo recupere sensacións mañá, na Cidade Deportiva de Castañares 2, e mostre esa solidez e intensidade necesarias para gañar nesta liga.

Estado de Jordan. Sinceramente, o doutor e eu pensabamos que estaba, pero el non se sente seguro, temos que respectar a súa decisión e esperar un pouco máis.

Evolución de Jaime. Jaime está a entrar na dinámica do equipo, prefería darlle unha semana máis de adestramento, porque o vexo un pouco baixo, pero está a adaptarse ben e está metido na dinámica do equipo. Gústame e a ver se comezamos a sacarlle proveito a próxima semana.

Características. É un xogador que ten moita calidade, xogo combinativo, pero ten que entrar na dinámica do xogo sen balón. Vén con vontade, é intelixente e poderanos achegar boas cousas. Estou contento e agardamos que el tamén, para que nos ofreza o que queremos del.

Primeiras impresións. Ten condicións para mellorar o que hai. Aquí vexo que a maioría de xogadores son tecnicamente bos, pero para competir hoxe en fútbol tes que xogar tamén sen balón, ser agresivo, ter intensidade e orde. A primeira impresión é boa, pero hai que seguir apertándoo para que entre canto antes na dinámica do equipo para ter minutos, xogar e que nos dea o que pode darnos.

Algún reforzo máis. Sempre pedimos algún caramelo máis, pero a ver se Manuel nos pode traer algo máis. Se vén alguén, que sexa para mellorar, senón estou contento co equipo, o malo é cando hai baixas. Se o equipo está completo, é bo, non nos podemos queixar.

Capacidade para cambiar de posición. Temos carencia nalgún punto do plantel, porque se non xoga algún non temos recambios e debemos improvisar, pero non pasa nada. Temos calidade e xente disposta a cambiar de posición para axudar ao equipo, iso é de agradecer. Como fixeron Cano, Samu, Casas o outro día e estou contento.

Todos queren seguir. Mario falei pouco con el. Adestra fenomenal, a única pena que teño é de non darlle algún minuto, porque o merecía. Por circunstancias equivócame e síntoo. E despois, Elliot veu falar comigo un día, deixámonos as cousas claras, el pensa de seguir aquí, por máis que non estea a ter todos os minutos que lle gustaría, e fenomenal. Será un máis do plantel. Que saiba eu, todos queren seguir e iso é de agradecer.

O Burgos Promesas. É un filial e os rapaces queren subir ao primeiro equipo. Por máis que estean aí abaixo, están a tentar demostrar a calidade que teñen para ter minutos arriba. É un partido trampa, loxicamente, porque ninguén pasa por encima deles. Tentaremos facer o noso xogo, sabendo que será un partido moi difícil. Oxalá que caia para o noso lado.

Dinámica do rival. Cambiaron de adestrador, xogaban un sistema, agora outro e estalle faltando pouca cousa para conseguir os puntos que lle permitan saír de aí abaixo. É un equipo que trata moi ben o balón, a priori ben organizado, pero é un filial e pode ser que a mocidade lle estea ocasionando os puntos en contra. A priori é un bo equipo e teremos que poñer moito para equilibrar iso e conseguir gañar.

Centrarse nos resultados propios. Non me importan moito os resultados dos rivais. O que me importa é gañar os partidos nosos, porque así estaremos arriba. O outro día non fomos quen de xogar un partido fluído, na primeira parte estivemos irregular, na segunda mellor, pero non atopamos o gol. A ver se o atopamos este sábado para seguir aí na pomada.

Empate dos dous primeiros. Loxicamente, é mellor que empatasen, pero, sinceramente, o importante somos nós. Se miras moito para o rival e despois non fas o teu traballo, pouco vale. Miro ao meu equipo e intento sacarlle o mellor posible. Oxalá este sábado sexa un bo día noso.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 BERGANTIÑOS- 0
  • COMPOSTELA- 0 BERGANTIÑOS- 0
  • COMPOSTELA- 0 BERGANTIÑOS- 0
  • COMPOSTELA- 0 BERGANTIÑOS- 0
  • COMPOSTELA- 0 BERGANTIÑOS- 0
  • COMPOSTELA- 0 BERGANTIÑOS- 0

Instagram Canteira

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🍍 𝐓𝐎𝐃𝐎𝐒 𝐗𝐔𝐍𝐓𝐎𝐒 𝐏𝐎𝐃𝐄𝐌𝐎𝐒 𝐂𝐎𝐍𝐒𝐄𝐆𝐔𝐈𝐋𝐎!!!💙 𝐄𝐒𝐓𝐄 𝐃𝐎𝐌𝐈𝐍𝐆𝐎, 𝐀 𝐏𝐎𝐋𝐎𝐒 𝟑 𝐏𝐔𝐍𝐓𝐎𝐒 𝐍𝐎 𝐃𝐄𝐑𝐁𝐈!!!🤗 Vén apoiar aos nosos!!! A venta de entradas adicionais vai moi ben!!! Agardámoste dende ás 13.00 na Fan Zone!!!#composarenteiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📲 𝐑𝐄𝐃𝐄𝐒 𝐒𝐎𝐂𝐈𝐀𝐈𝐒👉 Participa en 𝐈𝐍𝐒𝐓𝐀𝐆𝐑𝐀𝐌 na #JugadaCincoEstrellas e entra no sorteo dun LOTE de PRODUTOS de Fútbol Mahou!!🗳️ Elixe entre a parada de 𝐁𝐨𝐫𝐣𝐚 𝐑𝐞𝐲, o gol de 𝐂𝐚𝐧𝐨 ou a ocasión de 𝐉𝐚𝐢𝐦𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐨𝐬!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝙓𝙊𝙍𝙉𝘼𝘿𝘼 28🙌 UNHA NOVA FINAL NA NOSA CASA!!! NECESITAREMOS TODO O APOIO PARA SUPERAR AO LÍDER!!!⚽️ 🆚 Club Deportivo Arenteiro 🗓️ Domingo 2⌚️ 16.45 horas🏟️ Vero Boquete⛽️ 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚𝐝𝐨 por Grupo Ulla #composarenteiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.